martes, 12 de febrero de 2019

Na presentación do libro "Ourense, a provincia termal"

Asisto esta mañá ao acto de presentación do libro "Ourense, a provincia termal", que tivo lugar esta mañá no Círculo de Belas Artes de Madrid, coa presenza de máis dun centenar de personalidades dos ámbitos institucional, político, social, empresarial, cultural e da comunicación.

A publicación, coordinada por Mario Crecente e Silvia González  Soutelo, analiza de maneira didáctica e científica os aspectos históricos do termalismo en Ourense, ademais dos recursos  geotérmicos da provincia, tradicións e potencialidades termais, e as perspectivas de futuro da gran provincia termal de Europa.

Un acto que protagonizou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que afirmou que “Máis de dous mil anos contemplan a riqueza termal da nosa provincia, o que demostra que o termalismo é unha poderosa ferramenta de crecemento socio-económico e de mellora da calidade de vida”, e destacou que Ourense foi en 2018 “a provincia galega onde máis se incrementou o turismo, un balance positivo que se debe á consolidación como destino termal, conxugado cos atractivos turísticos, paisaxísticos, culturais e  eno-gastronómicos de Ourense”.

O presidente da Deputación remarcou a importancia da boa a xestión pública do goberno provincial, “que nos permitiu facer máis e mellores cousas: infraestruturas, impulsar o emprego e o mantemento e fixación da poboación no rural; iniciativas de apoio á demografía ou mellora de servizos para municipios e cidadáns”, e citou proxectos como o “Provincia Intelixente”; a creación do centro de referencia de FP en Galicia, ou a implantación dun centro tecnolóxico da man de  IBM e  Viewnext, “que colocan á provincia de Ourense nunha posición de liderado no ámbito da innovación”. 

Con Mario Crecente
Neste sentido, afirmou que o termalismo de Ourense “é o mar interior que nutre boa parte da evolución competitiva na nosa provincia, algo que nos distingue e nos  singulariza e que fai que todos os foros nacionais e internacionais aos que nos convidan interésense pola xestión que levamos a cabo en materia termal, xa que se trata do recurso natural máis san e con maior potencial que existe no mundo”. 

Manuel Baltar, actualmente vicepresidente da asociación termal europea,  EHTTA, e presidente da rede de gobernos provinciais de Europa,  Partenalia, considera clave “o labor dos gobernos locais intermedios na valorización dos recursos do territorio, como único nivel administrativo con capacidade e visión para reforzar o vínculo entre áreas urbanas e rurais”, e neste sentido o termalismo xoga un “papel  aglutinador”, “unindo territorios ao redor dunha riqueza común, secular, limpa e turisticamente fundamental”, afirmou.

De aí, que a xestión desenvolta ao longo dos sete anos de mandato que Manuel Baltar leva á fronte da Deputación de Ourense, tivese no tema termal una das súas liñas protagonistas, con políticas específicas como o plan “Ourense, a provincia termal”, que desenvolve o goberno provincial conxuntamente coa Xunta de Galicia, “para poñer en valor o termalismo na provincia e estruturar a súa oferta, recursos e servizos, por medio dun proceso participativo que contou coa colaboración dos axentes públicos e privados que configuran o sector”, explicou Baltar.

Por este motivo, a Deputación de Ourense, consciente da importancia e do singular valor do patrimonio termal que posúe a provincia, mantén “un forte compromiso coa súa conservación, ordenación e dinamización”, dixo Baltar, e neste sentido, desde a porta en marcha do Plan Termal, implementáronse novas e renovadas infraestruturas e servizos “que demostran o poder tractor do termalismo, entre a tradición e a innovación do sector turístico”.

O libro presentado hoxe ofrece ao lector, en palabras de Baltar, “o amplo patrimonio termal da provincia de Ourense, tanto o activo como o que actualmente se atopa á espera de ser recuperado para o uso cultural, turístico e de saúde, de acordo coas liñas de actuación que impulsamos desde a Deputación de Ourense”, e reiterou a súa “permanente aposta por crer en Ourense, e por destacar sempre o máis positivo do noso territorio, que é moito”, lembrando que ese tren da vangarda, a innovación e o respecto ás nosas tradicións, ao que se subiu a provincia de Ourense, terá, sen dúbida, na próxima chegada da alta velocidade un elemento que transformará a economía e a vida do noso territorio cun impulso de progreso e competitividade no que o termalismo será unha parte fundamental”. 

En 178 páxinas, a publicación relata -con fotografías, informes, estatísticas e localizacións- todos os aspectos da realidade termal da provincia de Ourense, comezando polo que significou o termalismo na historia e a tradición social da provincia, para continuar cos recursos patrimoniais e  geotérmicos do territorio provincial; a análise da situación actual e as potencialidades futuras. Finalmente, a obra detalla todas as propostas incluídas no plan “Ourense, a provincia termal” e os diferentes produtos termais que se ofrecen. Tamén describe os 15 balnearios e casas de baños existentes na provincia; as seis pozas termais; as cinco empresas  embotelladoras de augas mineiro-medicinais, e as 30 fontes e mananciais que se reparten por toda a xeografía ourensá.

O acto, presentado polo xornalista ourensán Marco Rocha, contou na parte musical coa actuación do dúo Rivera de violín e piano.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta