Visitando as obras da LAV a Galicia, na comarca de Sanabria


Decidín empregar o día de onte a visitar as obras da liña de alta velocidade a
Galicia no tramo que desde Zamora ata Pedralba de la Pradería.

Despraceime no meu coche nun día moi frío aínda que a medida que foron pasando as horas, o sol fixo acto de presenza.

Dou conta agora – co apoio destas fotografías que fixen -  do que nesta viaxe que comezou en Otero de Sanabría, logo en Pedralba de la Pradería e finalmente en Zamora.

ESTACIÓN DE OTERO DE SANABRIA

Nunha entrada deste Blog do pasado 12 de marzo de 2018 daba conta de que Adif Alta Velocidade aprobara a adxudicación do contrato de obras do proxecto de construción da estación de alta velocidade de Sanabria (Zamora), inscrita no tramo Cernadilla-Pedralba de la Pradería do Corredor Norte-Noroeste de alta velocidade ferroviaria.

O contrato, cuxo importe ascende a 4.009.940 euros (IVE incluído), foi adxudicado á UTE COPISA-EASA,  tiña un prazo de execución de 9 meses.

Informaba naquel momento Adif -AV que as obras do tramo Zamora-Pedralba de la Pradería, da LAV Madrid-Galicia, concluirían, como se comprometeu, a finais de 2018, data na que comezará a fase de probas.

E tamén dicían que as obras de construción da estación de alta velocidade de Sanabria non afectaban a estes prazos, xa que a liña pódese poñer en servizo mentres se continúa traballando para finalizar as obras da estación.

A citada estación constrúese na localidade de Otero de Sanabria , no termo municipal de Palacios de Sanabria, e o acceso realizarase a través dun novo viario de conexión coa estrada nacional N-525, que á súa vez enlaza coa autovía das Rías Baixas (A-52).

O proxecto – informaba ADIF AV - comprende a execución das seguintes actuacións:

- A construción dun novo tramo de 160 m de lonxitude que conecte o viario de acceso ao PAET (Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens) coa urbanización da estación.

- O novo edificio de viaxeiros.

- A urbanización da estación: praza de acceso e áreas peonís.

- Aparcadoiro en superficie.

- Pasarela de conexión entre plataformas, escaleiras e rampla.

- Plataformas (soleira, pavimentos e pezas de bordo).

- Revexetación de taludes e restauración do ámbito de actuación.

- Marquesiñas e mobiliario de plataformas.


Pois ben na visita de onte puiden ver un bo número de operarios e máquinas que estaban a traballar na construción da pasarela de conexión entre as plataformas e tamén que está en execución a cuberta do novo edificio de viaxeiros, e outras instalacións.

O viario de conexión coa  N-525 está prácticamente rematado, aínda que non está aberto á circulación.

En definitiva unhas obras sen rematar na plataforma e na electrificación pero en todo caso moi avanzadas.




CAMBIADOR DE ANCHOS DE LOBEZNOS (PEDRALBA DE LA PRADERÍA)

Nunha entrada deste Blog do pasado 1 de abril de 2017 daba conta de que Adif Alta Velocidade adxudicara a construcción do cambiador o 29 de marzo dese ano á empresa AZVI por 5.195.991 euros (IVE incluído) e cun prazo de execución de 13 meses.

Un cambiador que permitirá conectar a vía única sen electrificar de ancho convencional Zamora-A Coruña, á altura do punto quilométrico 112, co novo tramo de alta velocidade en construción Zamora-Lubián, nunha zona de intersección de ambos os trazados próxima a Lobeznos - Pedralba.

Unha instalación que posibilitará o uso do 111 km de trazado de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería, mentres finaliza a construción do tramo Pedralba-Ourense (118 km aproximadamente).

O obxectivo do cambiador de anchos dual de Lobeznos é a mellora no aproveitamento da explotación conxunta da rede de Alta Velocidade e a rede de ancho convencional, o que redundará en aforros nos tempos de viaxe e na mellora da xestión dos activos ferroviarios.

Así, actúase nunha lonxitude total de 1.083 m, dos que 580 aproximadamente
son en ancho estándar ou internacional (1.435 mm), outros 420 m en ancho convencional ou ibérico e os 83 m restantes corresponden a unha vía mango de seguridade en ancho convencional, situada antes da conexión coa vía convencional Zamora-A Coruña.

As instalacións do cambiador de anchos constan dun foso de dimensións interiores de 16 m de lonxitude e 7,4 m de anchura, no que se situará un cambiador de anchos dual, no interior dunha nave. A instalación complétase con fosos de observación, que permiten o control dos eixos dos trens, previamente ao proceso de cambio de anchos.

Pois ben na visita de onte, despois de visitar a vella estación de Pedralba de la Pradería puíden ver o cambiador  de Lobeznos terminado, áinda que acredito que siguen as obras no enlace coa vía convencional. 



TRAXECTO ENTRE ZAMORA E PEDRALBA DE LA PRADERÍA


Finalizada a visita a  Lobeznos, viaxei en coche ata Zamora, deténdome en varios puntos polos que transcorre a nova liña ferroviaria e constato que a plataforma e a superestrutura está  prácticamente finalizada.

Vías na estación de Zamora
Sinalar que na estación de Zamora, Adif Alta Velocidade está levando a cabo entre a noite do  día 2 e a mañá do 5 de xaneiro, os traballos necesarios para enlazar e dar continuidade ao tramo  Olmedo-Zamora (en servizo) co novo tramo Zamora- Pedralba.


Finalizo dicindo, que estas impresións que traslado non son as dun técnico, e que espero que en poucas semanas finalicen aquelas obras pendentes  para que poidan comezar as circulacións en probas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.