Asisto onte no Liceo Recreo ourensán, á presentación do libro "A Reforma Protestante e a Biblia do Oso", atendendo a invitación do Consello da Igrexa Evanxélica Bonhome, Ourense.
Ademais de Javier Casares, presidente do Liceo, interveu José Caride en representación da editora do libro, o catedrático de Historia da Universidade de Vigo, Jesús de Juana e o profesor inglés e pastor evanxélico Timoteo Glasscock fincado en Marín desde hai máis de 40 anos.
O libro contén unha recompilación de artigos que explican o impacto da Reforma protestante en diversos ámbitos da sociedade, no que colaboraron varios autores, entre eles José L. Fernández Carnicero, Timoteo Glasscock, Samuel Pagán, José W. Hutter, Samuel Pérez Millos, Luís Carballosa, Jaime Fernández Garrido, Carmelo Yuste, e Raúl Vazquez, entre outros.
A publicación deste libro segue o ronsel de actos conmeorativos da Reforma Protestante, que en 2017 celebrou o seu quinto centenario.
E pretende poñer en valor que en 2019 cúmprense os 450 anos desde que Casiodoro de la Reina publicase a primeira tradución da Biblia ao castelán.
E pretende poñer en valor que en 2019 cúmprense os 450 anos desde que Casiodoro de la Reina publicase a primeira tradución da Biblia ao castelán.
Casiodoro foi unha das principais figuras da Reforma en España, un home que tivo que fuxir ante a persecución da Inquisición e que, no seu camiño por Europa, emprendeu a inmensa tarefa de traducir e publicar en 1569 a chamada “Biblia do Oso”, por levar na súa tapa a figura dun oso buscando mel nun panal.
Sinalar que Ourense acollerá o vindeiro luns a presentación pública dun selo de Correos conmemorativo da Reforma e a Biblia do Oso.
Parabéns!!
Parabéns!!
Recibirá resposta