A tasa de paro EPA a finais de 2018 é do 14,45 % en España, do 12,04 % en Galicia e do 13,12 % en Ourense


Ourense

Hoxe coñecemos os datos da EPA do IV Trimestre de 2018 referidos á provincia de Ourense, que son os seguintes:

Nos últimos doce meses o número de ocupados diminue na provincia en 300 persoas. Agora son 112.100 cando hai un ano eran 112.400. 

No cuarto trimestre de 2018 en Ourense había 16.900 persoas en paro;  con respecto ao cuarto trimestre do ano 2017, o número de parados baixou en 900 persoas. 

A taxa de paro sitúase no 13,12 %, 0,57 puntos menos que hai un ano e a de actividade no 47,72 %, 0,10 puntos menos que no cuarto trimestre de 2017.

Galicia

No cuarto trimestre de 2018 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.334.300 persoas, das cales 1.237.000 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,0%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 12.400 persoas, mentres que a taxa de actividade diminúe 0,5 puntos respecto ao terceiro trimestre de 2018.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2017, o número de persoas activas diminúe en 900 persoas e a taxa de actividade mantense sen variacións.

A ocupación diminúe en 8.400 persoas no cuarto trimestre de 2018 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.088.100 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,4 puntos neste trimestre, ata o 46,6%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 32.300 persoas, o que supón unha suba do 3,1% en termos relativos.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumenta na industria e diminúe na agricultura e pesca, na construción e nos servizos. Na industria a ocupación aumenta en 2.700 persoas con respecto ao terceiro trimestre de 2018; pola contra, o sector primario rexistra unha diminución de 2.400 persoas na cifra de ocupación, a construción de 500 persoas e os servizos de 8.300 traballadores e traballadoras menos.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2017, a ocupación diminúe na agricultura e pesca un 7,4% e na industria un 2,1%; pola contra, na construción a ocupación aumenta un 2,0% e nos servizos un 5,4%.

En Galicia había 873.300 persoas asalariadas no cuarto trimestre de 2018, 646.500 con contrato indefinido e os 226.800 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 2.400 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido, o que supón un incremento de 0,4 puntos en termos relativos. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe en 8.600 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 3,7% con respecto ao terceiro trimestre de 2018). No que respecta á variación interanual, as persoas con contrato indefinido incrementáronse un 5,3% e as persoas con contrato temporal aumentaron un 1,0%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 26,0%.

No cuarto trimestre de 2018 en Galicia había 148.900 persoas en paro, 4.100 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 0,2 puntos e sitúase no 12,0%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2017, o número de parados e paradas diminúe en 33.200 persoas (un -18,2%) e a taxa de paro 2,7 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o paro masculino e diminúe o feminino: o número total de homes parados sitúase en 72.700 persoas (700 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 76.200 persoas (4.800 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina aumenta en 0,2 puntos porcentuais e a feminina redúcese en 0,6 puntos, situándose a primeira no 11,3% e a segunda no 12,8%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino descende en 19.000 persoas (un 20,7% menos), e o volume de paradas en 14.300 persoas (un 15,8% menos que hai un ano).

No cuarto trimestre de 2018, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 1.200 unidades e sitúase en 54.200 fogares. Respecto ao cuarto trimestre de 2017, esta tipoloxía de fogares redúcese un 18,0%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 2.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 604.500. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 21.000 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 3,6% en termos relativos.

Dos 317.900 mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos, 122.300 (o 38,5%) están ocupados, 33.400 (o 10,5%) parados e os 162.100 (o 51%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 38,5% no cuarto trimestre de 2018. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 0,5 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2017 aumenta, pola contra, 1,8 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 21,5% neste trimestre; diminúe 2,3 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre de 2017 diminuíu 4,8 puntos.

España

O número de ocupados aumenta en 36.600 persoas no cuarto trimestre de 2018 respecto ao trimestre anterior (un 0,19%) e sitúase en 19.564.600. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do 0,91%. O emprego creceu en 566.200 persoas (un 2,98%) nos 12 últimos meses. 

A ocupación aumenta este trimestre en 43.400 persoas no sector público e descende en 6.900 no privado. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 430.000 persoas no sector privado e en 136.200 no público. 

Os asalariados aumentan este trimestre en 20.000. Os que teñen contrato indefinido increméntanse en 108.500, mentres que os de contrato temporal redúcense en 88.500. En variación anual, o número de asalariados crece en 531.000 (o emprego indefinido aumenta en 363.700 persoas e o temporal en 167.300). O número de traballadores por conta propia sobe en 18.100 este trimestre e en 34.700 nos 12 últimos meses.

A ocupación aumenta este trimestre na Agricultura (57.200 máis) e na Construción (39.800) e baixa nos Servizos (–43.000) e na Industria (–17.400). No último ano nos Servizos hai 428.100 ocupados máis, na Construción 136.300 e na Agricultura 4.900. Pola contra, na Industria hai 3.000 menos.

Os maiores incrementos de emprego este trimestre danse en Andalucía (57.500 máis), Comunidad de Madrid (43.900) e Castela – A Mancha (12.400). Os maiores descensos obsérvanse en  Illes  Balears (–65.600), Galicia (–8.400) e Estremadura (–7.400). No último ano todas as comunidades incrementan a súa ocupación. Andalucía (118.600 máis), Comunidad de Madrid (108.600) e Cataluña (75.000) presentan os maiores aumentos. 

O número de parados baixa este trimestre en 21.700 persoas (–0,65%) e sitúase en 3.304.300. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do –3,61%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 462.400 persoas (–12,28%). 

A taxa de paro sitúase no 14,45%, o que supón unha décima menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,10 puntos.

Por comunidades, as maiores baixadas trimestrais do paro danse en Andalucía (63.900 parados menos),  Comunitat Valenciana (–27.800) e Comunidad de Madrid (–6.300). E os maiores incrementos en Cataluña (47.700 parados máis),  Illes  Balears (20.200) e Aragón (8.500). En termos anuais, as maiores reducións do número de parados prodúcense en Andalucía (126.200 menos), Comunidad de Madrid (–70.400) e  Comunitat Valenciana (–65.900). 

O número de activos aumenta este trimestre en 14.900, ata 22.868.800. A taxa de actividade baixa 12 centésimas e sitúase no 58,61%. No último ano a poboación activa incrementouse en 103.800 personas.


Con la tecnología de Blogger.