jueves, 24 de enero de 2019

A Deputación de Ourense presenta en Fitur unha plataforma integral de turismo intelixente

Celebro a presentación hoxe na Feira Internacional de Turismo, Fitur 2019,  por parte do presidente da Deputación Provincial Manuel Baltar do proxecto líder denominado “Hay un Ourense para ti. Descúbrelo”, “que situará á provincia como referente turístico aproveitando os recursos das tecnoloxías máis vangardistas”, afirmou Baltar. "A nosa provincia destaca nun dos ámbitos que máis riqueza e competitividade xerará nos vindeiros anos, impulsado pola chegada da alta velocidade: a innovación no sector turístico, onde sobresae a administración electrónica e a capacidade de conectar co visitante a nivel tecnolóxico", dixo.

Trátase dunha plataforma integral de turismo intelixente que ofrecerá aos turistas un portal web avanzado de información turística; unha aplicación móbil de turismo da provincia; un planificador de rutas baseadas nos gustos dos usuarios; sistemas de Realidade Virtual; solucións de Realidade Aumentada, e experiencias inmersivas 360º con fotografías e vídeo. O proxecto foi aprobado na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es e suporá para a provincia de Ourense unha inxección económica de tres millóns de euros, co-financiados aos 60 % polo Estado.

Manuel Baltar dixo na súa intervención que este proxecto “converterá a Ourense nun referente turístico aproveitando o potencial dos recursos provinciais e das tecnoloxías máis vangardistas”. O proxecto enmárcase na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Red.es, na que se seleccionaron 24 iniciativas de 9 comunidades autónomas, cun montante económico total de 68,3 millóns de euros.

A iniciativa permitirá aos turistas que se acheguen á provincia dispoñer dun acceso rápido, sinxelo e intuitivo de toda a información de interese dos principais recursos turísticos (liña “Ourense ao teu alcance”); de servizos personalizados “baixo demanda” (liña “Sinte Ourense”), e terán acceso a experiencias inmersivas (liña “Ourense guíate”).

Os aspectos clave do proxecto son a integración nun único punto de toda a información turística da provincia de Ourense por medio do uso dun modelo tecnolóxico aberto (esquema Open Data) sobre a que se fomente a participación, o diálogo e a colaboración entre os turistas a través das novas tecnoloxías e as canles dixitais.

Parabéns pola iniciativa !

Trens turísticos

Posteriormente a este acto tivo lugar no mesmo stand de Galicia a presentación dos “Trens turísticos de Galicia” 2019, “unha iniciativa froito da cooperación entre Deputación de Ourense, por medio do Inorde, a Xunta de Galicia e Renfe, que nas sete edicións que se teñen desenvolvido ten acadado éxito tras éxito”, valorou Manuel Baltar, destacando o protagonismo da provincia de Ourense, por cuxo territorio pasa a metade destas rutas ferroviarias. A presentación contou, ademais de Manuel Baltar, coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e do director de servizos comerciais de Renfe, Escolástico González.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta