martes, 4 de diciembre de 2018

Lixeira baixada do paro rexistrado en novembro

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou no mes de novembro en 1.836 persoas (-0,06 %). No ano 2016 o paro aumentou nese mesmo mes en 24.841 persoas, e en 2017 incrementouse en 7.255.

En termos  desestacionalizados, o paro descendeu en 26.258 persoas.

Durante os últimos doce meses o paro rexistrado ten diminuído en 221.414, acelerando lixeiramente o seu nivel de redución interanual ata o 6,37%. Así, a cifra total de parados sitúase en 3.252.867.

O desemprego masculino sitúase en 1.342.941 persoas, ao subir en 2.751 (0,21%) e o feminino en 1.909.926, ao reducirse en 4.587 (-0,24%) en relación ao mes de outubro. Se o comparamos con novembro de 2017, o desemprego masculino baixa en 122.722 (-8,37%) persoas, e o feminino descende en 98.692 (-4,91%).

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos redúcese en novembro en 9.739 persoas (-3,55%) en relación co mes anterior. Entre os que teñen 25 e máis anos o paro increméntase en 7.903 (0,27%).

O paro rexistrado ha baixado en 7 comunidades autónomas, principalmente en Madrid (-5.921),  Andalucía (-4.379) , Comunidade Valenciana (-3.529), ou en Castela-A Mancha (-3.509). Sobe con todo nos 10 restantes, encabezadas por Illas Baleares (9.655), Cataluña (3.208) e Canarias (1.874).

Por sector económico de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Industria en 1.448 (-0,51%), en Agricultura e Pesca 370 (-0,25%), en Construción en 155 (-0,06%) e no colectivo sen emprego anterior en 7.955 (-2,75%). Pola contra aumentou en Servizos en 8.092 (0,36%).

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en novembro en relación co mes anterior en 334 persoas, un -1,69 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado,  936 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,59 %. 

O número de parados queda en 19.465, deles 8.450 son homes e 11.015 mulleres, 18.386 son maiores de 25 anos e 1.079 menores.

Por sectores, 1.148 son da agricultura, 2.357 da industria, 1.608 da construción, 12.432 nos servizos e 1.920 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en novembro en 625 persoas con respecto a setembro (un 0,37 %). 

O número de parados queda en 170.369, deles 72.301 son homes e 98.068 mulleres, 161.692 son maiores de 25 anos e 8.677 menores.

Por sectores, 6.388 son da agricultura, 18.869 da industria, 14.103 da construción, 116.244 nos servizos e 14.765 do colectivo sen emprego anterior.


Os datos compórtanse mellor que nos últimos anos en novembro. Pese ao aumento rexistrado este mes, o desemprego baixou na industria, principalmente en actividades vinculadas á alimentación, fabricación de produtos farmacéuticos e as TIC, entre as mulleres- en especial entre as mozas-, na provincia de Ourense e nas cidades de Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra.

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 16.806 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,98 %. 



Galicia, deste xeito, posiciónase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual superando, ademais, o ritmo de baixada da media estatal en máis de dous puntos e medio de diferencia. En España a caída no número de persoas sen emprego sitúase no -6,37%. 

Son xa cinco anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, e os niveis de desemprego son inferiores ao dato de 2008, o ano de inicio da crise.

O desemprego, ademais, tamén baixou na evolución anual nos colectivos prioritarios para a Xunta: os menores de 30 anos (-11,91%); parados de longa duración (-11,05%); e mulleres (-8,01%). Así mesmo, descendeu nas catro provincias galegas e sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade liderando a caída a construción (-17,72%), seguido da industria (-12,01%), dos servizos (-7,26%) e da agricultura e a pesca (-6,1%).
Con respecto ao dato provincial, lidera a caída do paro Pontevedra (-9,72%), seguida da Coruña (-9,38%), de Lugo (-9,25%) e de Ourense (-4,59%).