viernes, 7 de diciembre de 2018

Na Radio Galega valorando o corenta aniversario da Constitución Española

Hoxe fun entrevistado, na Radio Galega no programa Galicia por Diante do día que dirixe Kike Novoa e Xosé Valiñas.

Querían, que deputados galegos fixésemos unha valoración dos actos de onte no Congreso con motivo da celebración dos corenta anos da Constitución Española.

Recoñecín o mérito da carta magna, que definín como unha historia de éxito.

Sobre unha hipotética reforma constitucional dixen que era preciso recuperar un consenso, a base dun éxito futuro, pero que hoxe non se dá nin na sociedade e menos no arco parlamentario.

Trátase de saber onde queremos ir e onde están os puntos de encontro, non de relatar simplemente un catálogo partidario, trátase de buscar as coincidencias.

Dixen que as materias sobre as que podería xirar unha reforma eran entre outras o modelo territorial, a non diferenciación entre o home e a muller na sucesión á Coroa, os  aforamentos, a clarificación de competencias, etc. Pero, engadín, que certas formacións políticas están a introducir temas sobre os que non hai consenso como a modificación da forma política do Estado, pasar dunha monarquía a unha república,  ou un proceso de desmembración territorial.

Falei da necesidade de recuperar o espírito da transición, no que se trataba integrar as posicións políticas con xenerosidade, sen  revanchismos, sen pretender reescribir a historia. Fuxir dos sectarismos e non caer nos extremismos que conducen a retrocesos, é fundamental.

Sobre a configuración territorial de España, dixen que o Estado español está fortemente descentralizado - máis que o federal -  e que quizais o que proceda é un axuste competencial, para reforzar os instrumentos de cooperación entre CCAA e as outras administracións, institucionalizar a conferencia de presidentes, reformar o Senado para profundar no seu contido territorial. Concretar mellor a repartición competencial tamén sería positivo. Pero partindo da base de que o modelo autonómico recoñece a diversidade e a singularidade, e que debe estar presidido pola lealdade constitucional, e a pertenza á Nación española.

Preguntado sobre a ovación pechada que onte houbo no Congreso tanto ao rei Juan Carlos coa o Rey Felipe, salvo dos deputados do grupo Confederal de Podemos.  Dixen que onte no hemiciclo houbo un sentido recoñecendo aos servizos prestados polo rei emérito que pilotou a transición dunha dictadra á democracia.

Dixen que nos discursos foron citados – entre outros .  Carrilo,  Tarradellas,  Sole Tura, etc. personalidades de esquerdas, e do exilio e lembráronse palabras pronunciadas por eles en momento moito máis difíciles nas que falaban de reconciliación, do ben común, etc.

Engadín que a inmensa maioría da Cámara estaba de feliz de celebrar a Constitución cos reis, os relatores constitucionais, os presidente do Goberno. Non faltaba case ninguén.

Citei as palabras de Ana Pastor de que debemos ter confianza porque temos o método e temos o marco: "O método é ese espírito de acordo, concordia, diálogo e colaboración que practicamos con éxito nos momentos de avance e recuperación destes 40 anos.  E o marco é a nosa Constitución, que é a forma que demos os españois á nosa convivencia en liberdade." 


http://www.crtvg.es/rg/a-carta/galicia-por-diante-galicia-por-diante-do-dia-07-12-2018-3979259?t=1061 (desde o minuto 9:45)


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta