A afiliación media mensual aumenta en 130.360, o maior incremento nun mes de outubro

A afiliación media á Seguridade Social roza en outubro os 19 millóns de ocupados (18.993.073), ao sumar neste mes 130.360 persoas máis (0,69%). Trátase do mellor rexistro  intermensual da serie histórica dos meses de outubro.

O bo comportamento da afiliación neste último mes correspóndese coa evolución da afiliación ao Réxime Xeral, que alcanza xa os 15.666.453 ocupados, un total que xunto ao do pasado mes de xullo (15.704.129), marcan os mellores rexistros da serie.

Tamén o Réxime de Autónomos contribuíu ao bo resultado da ocupación en outubro con 4.942 afiliados máis.

O dato interanual da afiliación media respecto ao mesmo mes de 2017 mostra un incremento de 562.544 persoas (3,05%).

Hai que sinalar que neste mes o emprego feminino alcanza de novo un máximo con 8.799.418 mulleres ocupadas, o mellor dato da serie histórica (2007).

En termos  desestacionalizados, a afiliación media crece no mes en 110.567 persoas.

RESPECTO A SETEMBRO

O Réxime Xeral rexistrou un ascenso de 126.850 afiliados (0,82%), e alcanza os 15.666.453, un total só superado polo dato do pasado mes de xullo (15.704.129). En outubro, a afiliación no réxime de asalariados creceu en termos absolutos principalmente en Educación (148.049); Construción(16.229); Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento (15.087); Administración Pública e Defensa, Seguridade Social Obrigatoria (13.603). En sentido contrario, os principais descensos anótanse especialmente en Hostalería (-59.249), Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (-35.816) e Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (-16.747).

En canto ao Sistema Especial Agrario, incorporou  29.163 afiliados medios máis (3,97%), ata situarse agora en 763.369 persoas. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar creceu en 940 (0,23%) e alcanza os 410.801 ocupados.

O Réxime de Autónomos  totaliza 3.258.612 persoas, o mellor rexistro da última década nun mes de outubro, tras sumar 4.942 (0,15%) no último mes.

Respecto ao Réxime Especial do Mar, descende en 1.364 ocupados (-2,03%) ata situarse en 65.907. Finalmente, o Carbón está constituído por 2.101 afiliados medios, 67 ocupados menos que no mes anterior.

O número de afiliados avanzou en outubro na maioría das comunidades autónomas (14) e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Os aumentos máis significativos rexístranse na Comunidade Valenciana, con 40.099 ocupados (2,18%); Madrid, 39.167 (1,25%); Andalucía, 29.388 (0,97%); País Vasco, 18.562 (1,97%) e Cataluña, 10.733 (0,32%); Descende en Illas  Baleares (-35.780), Estremadura (-2.084), Cantabria (-1.611)  e Galicia (-690).

RESPECTO A 2017

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 562.544 afiliados, o 3,05%. En concreto, destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 521.614 traballadores (3,44%). O crecemento alcanza o 3,75% se falamos do Réxime Xeral propiamente devandito (sen Agrario nin Fogar).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1,27%, o que se traduce nun crecemento de 40.710 persoas. O Réxime do Mar incrementouse en 598 persoas 0,92%) e o Carbón baixou en 379 (-15,27%).
En termos anuais, a afiliación creceu en todas as comunidades e cidades autónomas, destacando en cifras absolutas os incrementos da Comunidad de Madrid (122.573), Cataluña (91.823), Andalucía (89.452), e Comunidade Valenciana (62.425).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado outubro en 1.013.198 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 690 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (-0,07 %).  As afiliacións á Seguridade Social continúan superando a barreira do millón  por quinto mes consecutivo (desde xuño). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un incremento de 23.294 ocupados, (2,35 %) o que supón a maior subida desde 2007.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou outubro con 779.494 afiliados medios, o Réxime de Autonomos con 211.949 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.755 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado outubro  en 103.053 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 644 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,62 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 857 ocupados, (0,84 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou outubro con 78.889 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 24.164 afiliados medios. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.