Entrevista sobre a Alta Velocidade no diario Faro de Vigo

Publica hoxe o Faro de Vigo, unha entrevista que me fixo a pasada semana o xornalista Xosé Manuel del Caño e que versa sobre dúas cuestións relacionadas coa Alta Velocidade.

Preguntábame en primeiro lugar sobre a evolución das obras de alta velocidade a Galicia  e se se estaba producindo nestes momentos algún desfasamento. E recolle a miña resposta: “ Neste momento está a cumprirse o cronograma previsto para a chegada de Alta Velocidade a Galicia. O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias segue impulsando a construción e verificación da liña nos termos que estaban previstos. Non se pode dicir que haxa ningún tipo de variación. Entre outras cousas, porque a máxima responsable de  Adif hoxe é a que era a número dous co anterior goberno, Isabel Pardo de Vera. Por tanto, é unha política de continuidade, na execución das obras da Alta Velocidade. Nese sentido, estamos a ver que as cousas están a ir ben. Pardo de Vera é unha muller galega, que coñece moi ben as nosas liñas de Alta Velocidade.

Preguntábame se había motivos agora para estar preocupados. E a miña reposta é que: “Non, as obras están a executarse, as construtoras seguen facendo o seu traballo, o diñeiro existe, porque hai un orzamento aprobado polo goberno de Mariano Rajoy para este ano 2018, co que se está funcionando. Por tanto, non hai ningún problema importante."

Preguntoume tamén sobre recentes contratos de asistencia que licitou,  Adif hai poucos días para o avance das obras na provincia de Ourense.

E respondín que “iso forma parte dun cronograma que está establecido. Estamos na recta final de execución das obras. O horizonte temporal máis próximo é o 2018 para a conclusión das obras ata Pedralba de la Pradería. É o obxectivo establecido. E logo empezará a circulación en probas dos trens. Este é o fito máis importante no próximo tempo. E tamén se está traballando, desde Pedralba de la Pradería a Ourense, en viadutos, no ramal de conexión con Taboadela e en todo o que estaba previsto. Non hai desviacións polo  moemnto sobre o establecido”

E engadín, que como é lóxico, mantereime vixiante, para comprobar se se cumprían cos investimentos previstos, en materia de altas prestacións ferroviarias, para que o AVE chegue a Ourense "en probas" no ano 2019.”

Tamén Del Caño interesouse pola miña opinión sobre a recente proposición non de lei rexistrada no Congreso polo grupo confederal de Unidos-Podemos-En Común Poden-En Marea que cuestionaba os investimentos do AVE.

Respondín: “Que o que vén pedir ese grupo parlamentario nesta iniciativa –que aínda non se debateu no Congreso dos Deputados- é unha moratoria das liñas de alta velocidade e que se reformulen todas as liñas de alta velocidade como liñas de altas prestacións. Algo que desde logo non podemos compartir e que votaremos en contra.”

E engadín que “eles na súa iniciativa, refírena ao conxunto da alta velocidade, sen aludir a ningún territorio en concreto. Pero a súa proposición afecta de cheo ás liñas que aínda non están concluídas, que se atopan en período de construción”. E engadín que “en España, a alta velocidade non chegou a Galicia, a Estremadura, a Asturias, non chegou a Almería, Granada, Murcia, etc. E por iso a nós moléstanos esta iniciativa, porque non compartimos o seu criterio. Galicia non pode admitir máis demoras na chegada da Alta Velocidade que outros xa teñen. E chama ademais a atención que cinco dos deputados que asinan esta iniciativa, o son por cidades que teñen alta velocidade. Vaia desvergoña”



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.