En setembro, baixa en Ourense o paro rexistrado mentres medra en España


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2018.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego subiu en setembro en 20.441 persoas en relación co mes anterior. Esta cifra é inferior á do ano pasado, que rexistrou un aumento de 27.858 persoas.

En termos  desestacionalizados, o paro descendeu en 19.398  persoas. Respecto de setembro de 2017 o paro reduciuse en 207.673  persoas, o que sitúa o nivel de baixada interanual en (-6,09%).

Así, a cifra total de parados rexistrados é de 3.202.509.

O desemprego masculino sitúase en 1.313.151  persoas, ao subir en 6.157 (0,47%) e o feminino en 1.889.358, ao incrementarse en 14.284 (0,76%)  en relación ao mes de agosto. Se o comparamos con setembro de 2017, o desemprego masculino baixa en 126.314 (-8,78%)  persoas, e o feminino descende en 81.359 (-4,13%).

Increméntase o desemprego dos mozos menores de 25 anos en 22.765 (9,45%) persoas en relación co mes anterior. Baixa, con todo, entre os que teñen 25 e máis anos en 2.324 (-0,08%).

O paro rexistrado subiu en 11 comunidades autónomas, especialmente en Andalucía (12.021), Estremadura (3.640) e Asturias (2.269). Descendeu nos 6 restantes destacando Castela-A Mancha (5.196) e Canarias (1.587).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado baixou en Agricultura e Pesca en 8.437 (-5,68%), en Construción 7.427 (-2,66%), e en Industria en 2.415 (-0,86%). Pola contra aumentou en Servizos en 28.945 persoas (1,32%) e no colectivo sen emprego anterior en 9.775 (3,51%).
Ourense:

Baixa o paro rexistrado en setembro en relación co mes anterior en 32  persoas, un - 0,17 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado,  1.761 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,55 %. 

O número de parados queda en 18.840, deles 7.676 son homes e 11.164 mulleres, 17.807 son maiores de 25 anos e 1.033 menores.

Por sectores, 758 son da agricultura, 2.271 da industria, 1.552 da construción, 12.258 nos servizos e 2.001 do colectivo sen emprego anterior. 


Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en setembro en 1.896 persoas con respecto a agosto (un 1,15 %). Este aumento do paro é inferior á media rexistrada nos meses de setembro dos últimos 10 anos. O paro baixa en todos os sectores excepto no sector servizos, o que confirma que a subida do paro en setembro está asociada á caída do emprego estacional.

O número de parados queda en 166.320, deles 68.684 son homes e 97.636mulleres, 158.179 son maiores de 25 anos e 8.141 menores.

Por sectores, 5.261 son da agricultura, 18.733 da industria, 13.078 da construción, 113.319 nos servizos e 15.029 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 17.737 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,64 %.
Galicia lidera a caída do paro interanual en España o que supón unha caída do case o dobre que a rexistrada en setembro de 2017 con respecto ao mesmo período de 2016. 

A baixada do 9,64% é tres puntos e medio superior á media do Estado que se situou nun -6,09%. Trátase, ademais, do terceiro maior descenso nun mes de setembro de toda a serie histórica, desde 1996. A Comunidade galega, así mesmo, encadea case 5 anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, situándose a niveis de hai 9 anos.

O desemprego baixa en todos os colectivos con máis dificultades para atopar un traballo. Nos menores de 30 anos baixa nun -11,07%; nos parados de longa duración nun -9,06%; e nas mulleres nun -7,64%. O paro tamén cae nas catro provincias galegas, nas 7 grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-19,82%), seguido da agricultura e da pesca (-18,32%), da industria (-11,80%) e dos servizos (-7,52%).
Con respecto ás catro provincias, lidera a caída do desemprego a de Pontevedra (-12,21%), seguida de Ourense (-8,55%); A Coruña (-7,86%); e Lugo (-7,55%).

Con la tecnología de Blogger.