Os Orzamentos para 2019: Tema central hoxe no Congreso e no faladoiro de Radio Voz


Participo hoxe desde as 8,15 horas no faladoiro do Programa Voces de Galicia, que modera en Radio Voz, Antía Díaz. Nesta ocasión estivo tamén Maria Luz Canal.

Falamos en primeiro lugar do proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2019 que Sanchez pretnde traer ás Cortes para a súa aprobación.

Dixen que o pacto orzamentario entre Pablo Igrexas e Pedro Sánchez é a semente da próxima crise económica en España porque nos leva a máis paro, máis impostos, máis inflación e menos crecemento económico.
E que máis que un acordo orzamentario, é un programa de campaña electoral e unha peaxe para Podemos que pagaremos todos os españois.
 Dixen que o cadro macroeconómico  subestima o impacto no aumento do salario mínimo nas inflacións, o emprego, a competitividade e a conta corrente.
Que, os ingresos fiscais  sobrestiman os ingresos e a viabilidade de novos impostos. Os novos ingresos non serán suficientes para cubrir os gastos previstos. Que, os gastos non teñen en conta o impacto total das medidas en todos os niveis de goberno. En especial,  subestima o custo da atención médica e a educación. (CCAA).
Logo da miña intervención en Radio Voz, ás 9,00 comezou a Sesión de Control na que o presidente do Partido Popular, Pablo Casado, afirmou que Pedro Sánchez “pretende que lle paguemos o aluguer da Moncloa con máis débeda, máis paro e con outra recesión”. Ao seu xuízo o Goberno socialista “é unha ruína” e por iso o PP “defenderá a España aquí, en Bruxelas e onde faga falta, dos nefastos orzamentos que presenta”.
Durante a súa intervención Casado lembrou que esta é a primeira vez na historia que se presentan na Cámara e de forma ilegal uns orzamentos sen aprobar un teito de gasto. “É a primeira vez que se presentan uns  PGE nun panfleto partidista cun logotipo do Goberno de España que parece un  besamanos ao partido Podemos”,asegurou. 
Con todo e segundo lembrou Casado, non é a primeira vez que o Partido Socialista presenta uns orzamentos “manipulando gastos e ingresos, subindo o déficit, os impostos e arruinando a España”. “Xa o fixeron no 96 e no 2011” porque Pedro Sánchez converteuse “nun plaxio de Zapatero”. Sánchez, era xa deputado no 2009 cando Rodríguez Zapatero “alongou unha lexislatura acabada sepultándoa no formigón do Plan E”.
O presidente do Partido Popular resaltou que Sánchez recibiu un país que crecía ao 3%, con tres millóns máis de empregos, coas contas saneadas e cuns orzamentos aprobados que subían o soldo aos funcionarios, o salario mínimo e as pensións. “Nós tamén queremos subir o salario mínimo e as pensións pero non á conta de máis paro”.
Neste punto, Casado recomendou ao presidente do Executivo que baixe impostos, abarate as contratacións e así crecerá a economía, contratarase a máis xente e poderán subir os salarios. “O que vostedes fixeron é subir todos os impostos, o de patrimonio, aforro, renda transaccións financeiras e tecnolóxicas: un inferno fiscal”,reiterou. Ao seu xuízo os  PGE do Partido Socialista se “ ensañan” con tres millóns de autónomos e dezasete millóns de condutores de coches diésel. “O socialismo fracasa cando se acaba o diñeiro dos demais” e, por iso, “o que interesa aos españois é que fracase o seu Goberno antes de que unha vez máis, volvan arruinar a España”.
Por último, o presidente do PP lembrou ao presidente do Goberno que deslealdade non é criticar na Unión Europea os Orzamentos que o Executivo socialista ha levado a Europa, senón votar en contra do pacto europeo  Juncker- Schulz “ante a vergoña de todos os seus compañeiros” ou votar en contra do comisario Miguel Arias  Cañete “cando nós apoiaramos a Solbes e a Almunia”. 
Así mesmo Casado asegurou que o Goberno que vendeu España aos independentistas por uns votos na moción de censura, que mandou a Igrexas a negociar cun preso golpista ou que manda a Zapatero a negociar os orzamentos supostamente cun terrorista como Otegi, non está en condicións de falar de patriotismo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.