EPA III T de 2018: A taxa de paro situouse no 14,55 % pero a creación de emprego é sensiblemente inferior tanto respecto ao trimestre anterior, como comparado co terceiro trimestre de 2017.


Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao terceiro trimestre de 2018.

Segundo estes datos en España 

O número de ocupados aumentou en 183.900 persoas no terceiro trimestre de 2018 respecto ao trimestre anterior (un 0,95%) e sitúase en 19.528.000. En termos  desestacionalizados a variación trimestral é do 0,48%. 

O emprego creceu en 478.800 persoas (un 2,51%) nos 12 últimos meses.

A ocupación aumentou este trimestre en 49.700 persoas no sector público e en 134.200 no privado. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 373.300 persoas no sector privado e en 105.500 no público.

Os asalariados aumentan este trimestre en 176.300. Os que teñen contrato temporal increméntanse en 151.000 e os de contrato indefinido en 25.300. En variación anual, o número de asalariados crece en 526.900 (o emprego indefinido increméntase en 374.100 persoas e o temporal en 152.900). O número de traballadores por conta propia sobe en 7.200 este trimestre, pero baixa en 49.700 nos 12 últimos meses.

A ocupación aumentou este trimestre nos Servizos (210.200 máis), na Construción (24.900) e na Industria (2.800), e baixa na Agricultura (54.000 menos). No último ano nos Servizos hai 346.800 ocupados máis, na Construción 85.600 e na Industria 55.000. Pola contra, na Agricultura hai 8.600 menos.

Os maiores incrementos de emprego este trimestre danse en  Illes  Balears (47.500 máis), Cataluña (33.500 máis) e Canarias e Castela-A Mancha (22.700 máis cada unha). En País Vasco o emprego diminúe en 7.200 persoas. No último ano os maiores aumentos do número de ocupados obsérvanse en Andalucía (80.400 máis), Cataluña (77.300) e Canarias (54.100). Pola súa banda, en Principado de Asturias, o emprego redúcese en 3.500 nos últimos 12 meses.

O número de parados baixa este trimestre en 164.100 persoas (–4,70%) e sitúase en 3.326.000, en termos  desestacionalizados a variación trimestral é do –2,29%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 405.800 persoas (–10,87%).

A taxa de paro situouse no 14,55%, o que supón 73 centésimas menos que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 1,83 puntos.

Por comunidades, as maiores baixadas trimestrais do paro danse en Cataluña (28.300 parados menos),  Illes  Balears (–24.600) e Castela-A Mancha (–23.800). En termos anuais, as maiores reducións do número de parados prodúcense en Andalucía (107.400 menos), Cataluña (–72.000) e  Comunitat Valenciana (–55.300).

O número de activos aumenta este trimestre en 19.800, ata 22.854.000. A taxa de actividade baixa sete centésimas e sitúase no 58,73%. No último ano a poboación activa incrementouse en 73.000 persoas.

GALICIA

A ocupación aumenta en 20.700 persoas no terceiro trimestre de 2018 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.096.500 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta 0,9 puntos neste trimestre, ata o 47%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 24.000 persoas, o que supón unha suba do 2,2% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre incrementouse tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns aumentou en 15.500 persoas respecto ao segundo trimestre do ano 2018 e a ocupación das mulleres aumentou en 5.200 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha suba da taxa de ocupación masculina de 1,4 puntos e de 0,5 puntos a feminina.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2017, o número de homes ocupados aumenta en 10.300 persoas (un 1,8%), mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 2,7%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre aumenta na agricultura e pesca e nos servizos, e diminúe tanto na industria como na construción. No sector primario a ocupación aumenta en 6.100 persoas con respecto ao segundo trimestre de 2018; nos servizos, a ocupación aumenta en 18.200 persoas. Pola contra, o sector da construción rexistra unha diminución de 1.300 persoas na cifra de ocupación, e a industria de 2.400 traballadores e traballadoras menos.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2017, a ocupación diminúe na agricultura e pesca un 10,2% e na industria un 4,8%; pola contra, na construción a ocupación aumenta un 1,5% e nos servizos un 5,3%.

No terceiro trimestre de 2018 en Galicia había 153.000 persoas en paro, 22.000 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 1,8 puntos e sitúase no 12,2%.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2017, o número de parados e paradas diminúe en 28.700 persoas (un -15,8%) e a taxa de paro 2,3 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 72.000 persoas (10.300 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 81.000 persoas (11.800 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina redúcese en 1,7 puntos porcentuais e a feminina en 1,8 puntos, situándose a primeira no 11,1% e a segunda no 13,4%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino descende en 14.200 persoas (un 16,5% menos), e o volume de paradas en 14.600 persoas (un 15,3% menos que hai un ano).

No terceiro trimestre de 2018, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 7.600 unidades e sitúase en 53.000 fogares. Respecto ao terceiro trimestre de 2017, esta tipoloxía de fogares redúcese un 14,1%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 16.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 607.000. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 22.800 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 3,9% en termos relativos.

OURENSE

Os datos do INE acreditan que Ourense conta no terceiro trimestre de 2018 con 111.600 ocupados (1.900 menos que no trimestre anterior) e 18.600 parados (1.100 máis que no trimestre anterior).

A taxa de paro sitúase nun 14,25 %, 1,04 puntos menos que hai un ano.

Con respecto ao ano anterior os parados baixan en 1.400 persoas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es


Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.