sábado, 6 de octubre de 2018

Comprometido coa Asociación Empresarial de Valdeorras na reclamación das tan necesarias infraestruturas


Reunión en O Barco con AEVA o 30 de abril de 2018
Dende a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de emitirse onte un comunicado de prensa co fin de “recoñecer públicamente o labor dos deputados ourensáns Rocío de Frutos (PSOE) e Celso Delgado (PP) pola súa “recente intervención na Comisión de Fomento do Congreso para interesarse pola execución das partidas consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2018 para os proxectos da Autovía A-76 e da Circunvalación do Barco, e solicitar ao secretario xeral de Infraestruturas a súa inmediata realización”.

Está a referirse á sesión da Comisión de Fomento do 27 de setembro de 2018 na que formulamos unhas preguntas ao Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio referentes ao cumprimento dos compromisos contraídos en relación coas partidas investidoras en materia de estradas na provincia de Ourense que se inclúen na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018. E nas que abordamos como é obrigado as infraestruturas valdeorresas.


Ademais - dí o comunicado -  dende a organización empresarial valdeorresa agradécese e valórase “moi positivamente que os dous políticos ourensáns unan esforzos para defender unha posición compartida polo conxunto da sociedade valdeorresa”. Neste sentido quere reclamarse a vontade “dos responsables do Ministerio de Fomento para executar o montante das partidas orzamentarias consignadas no 2018 para a Autovía A-76 e para a Circunvalación do Barco, atendendo así as reivindicacións plantexadas polos deputados ourensáns”

Agradezo este recoñecemento de AEVA que constitúe un estímulo para seguir traballando – son xa moitos anos -  a prol destas necesarias infraestruturas para Valdeorras. Todos, sen distinción ideolóxica, somos necesarios para apoiar estos proxectos de absoluto interés xeral, que son financiados con diñeiro público.

E tamén grazas o prestixioso periódico "O Sil" que publica este comunicado.