viernes, 12 de octubre de 2018

Coa Garda Civil no Día da Festa Nacional e da súa patroa

Acompaño hoxe á Garda Civil na celebración do día da súa patroa, a Virxe do Pilar, primeiro asistindo á Santa Misa na Catedral oficiada polo bispo, D. Leonardo Lemos e logo ao acto institucional na  Comandancia de Ourense en Santa Mariña.

Tamén conmemoramos o Día da Festa Nacional que se festexa este 12 de outubro. Uns actos aos que acudiron representacións políticas, institucionais e militares, así como dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

O tenente coronel da Garda Civil de Ourense, D. Manuel Javier Novo Colldefords, pronunciou un discurso informando que os niveis de delincuencia e esclarecemento dos delitos son similares aos de 2017, felicitando ás unidades de seguridade cidadá e investigación polos seus esforzos persoais para manter estes resultados a pesar de non dispoñer en ocasións dos medios humanos e materiais precisos. Alertou dunha subida substancial das estafas electrónicas e afirmou que son delitos facilmente  perseguibles porque deixan rastro, pero para evitalos é fundamental a prevención.

Foron entregadas a continuación distincións e condecoracións. Neste caso a de maior distinción  foi unha Cruz con distintivo vermello, ao cabo primeiro Aser  Moreiro Casal que participou na detención en marzo de 2017 dunha banda investigada por unha trintena de roubos en vivendas. 

Foi tamén recoñecido o valor demostrado polo axente da  GNR de Portugal, Miguel  Albano Dá Costa, no rescate dunha persoa que caeu ao río  Troncoso cunha perna rota e estaba xa  semisumergido cando lle salvou a vida.

Finalizou o acto coa intervención do subdelegado do Goberno, D. Emilio González Afonso.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta