martes, 25 de septiembre de 2018

No Senado escoitando á Delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas

Asisto esta mañá no Senado na miña condición de vogal a unha reunión da Comisión Mixta para o Estudo do Problema das Drogas na que compareceu a Delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas,  Azucena  Martí, que presentou as súas prioridades en políticas de adiccións.

Martí subliñou a importancia que terá nos próximos anos a prevención ambiental, enfocada no prisma social. “Resulta necesario - sinalou a Delegada - mellorar a prevención ambiental, desde a cal se recoñece a influencia das contornas na conduta individual”.  

As actuacións do Plan Nacional sobre Drogas nos próximos anos enmárcanse no Plan de Acción 2018-2020. As 36 accións que o compoñen diríxense a conseguir unha sociedade máis saudable e informada, ademais de segura. 


Por iso, toman protagonismo eixos transversais como a comunicación e a perspectiva de xénero. Outra das liñas novas do Plan de Acción é o tratamento das adiccións sen substancia.

Azucena  Martí avogou tamén na súa comparecencia no Senado por unha comunicación con perspectiva de xénero encadrada no principio de equidade“.

Ferrocarriles cuando la línea se inauguró. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta