A Xunta avanza nos estudos necesarios para concretar as liñas estratéxicas para a materialización no noroeste do Corredor Atlántico de Mercadorías


Difunde hoxe a a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta, unha nota na que da conta de que a súa titular Ethel Vázquez, adiantou esta mañá en Xixón que a Xunta avanza nos estudos necesarios para definir e  concretar as liñas estratéxicas para a materialización no Noroeste do Corredor Atlántico de Mercadorías. Deste xeito expresouse na xornada organizada pola Plataforma Atlántico Noroeste, compartida cos representantes políticos e empresarias de Asturias, Castela e León e Galicia, para afianzar, mais se cabe, a postura común ante Europa a favor desta infraestrutura estratéxica para as tres comunidades autónomas
Vázquez Mourelle avogou por seguir traballando e elevar novamente a voz unánime de unidade e vontade compartida para lograr que o norte peninsular sexa definitivamente integrado no Corredor Atlántico de Mercadorías. E para iso, puxo en valor un argumento incuestionable, os datos de tráfico intrarrexionais de España, segundo a Plataforma, son mais importantes os do Corredor Atlántico que os do Corredor Mediterráneo. 
A titular de Infraestruturas do Goberno galego sinalou tamén que para frutificar a demanda común de Asturias, Castela e León e Galicia, ademais de seguir traballando como ata o de  agora, é importante aportar, non só pedir. E avanzou que a Xunta está a facer un estudo sobre o transporte ferroviario en Galicia e a redefinición do Corredor Atlántico.
Neste eido, incidiu na importancia de avanzar no transporte de viaxeiros e impulsar o transporte de mercadorías e, para iso, adiantou o traballo que está a facer o Goberno galego, a través dos pertinentes análises das infraestruturas ferroviarias, das infraestruturas nodais, así como a análise socioeconómica e de tráfico, co obxectivo de definir, concretar e acertar nas liñas estratéxicas para a materialización do Corredor Atlántico de mercadorías.
Salientou que esta é unha oportunidade que no se pode deixar escapar e defendeu a necesidade de que todos os axentes implicados, gobernos, institucións, organizacións empresariais, sociedade civil, sigan a concentrar esforzos e poñendo o empeño para lograr este recoñecemento por parte de los organismos europeos.
A conselleira aproveitou a presenza na xornada do secretario General de Infraestruturas para pedir a colaboración activa do Goberno de España para que siga insistindo e facéndose eco da xusta petición das tres comunidades autónomas ante os órganos competentes da Unión Europea da inclusión do noroeste peninsular no Corredor Atlántico de Mercadorías.
Solicitou tamén ao Goberno de España que se  inicie, canto antes, a elaboración das propostas concretas de proxectos nos que materializar as inversión que viran garantidas polos fondos comunitarios. Incidindo na necesidade dos mesmos para a modernización e a mellora da operatividade das vías ferroviarias, e que permitirán multiplicar o potencial do Noroeste en termos loxísticos e de tráfico de mercadorías.
Na súa intervención recordou que foi precisamente esa mensaxe de colaboración e unidade das tres comunidades as que xa teñen logrado que as demandas chegasen ás autoridades competentes nas institucións europeas. E mostrouse confiada en que ese mesmo mensaxe de colaboración e unidade será o que faga frutificar o esforzo realizado e que, ao fin, se logre a ratificación do Parlamento e do Consello Europeo para que os tres territorios formen parte del Corredor atlántico.
Vázquez Mourelle tamén quixo facer un repaso no acadado ata o momento, grazas a todo o traballo coordinado e conxunto das tres comunidades autónomas, unha alianza en defensa de que o trazado español do Corredor Atlántico incorpore e priorice ao Noroeste Peninsular. E neste sentido, falou tamén da importancia de que os axentes institucionais, empresariais e económicos dos tres territorios manteñan a inequívoca vontade compartida de impulsar unha conexión ferroviaria estratéxica para as tres comunidades, así como para reivindicar e por en valor a posición privilexiada dos portos e plataformas loxísticas do Noroeste peninsular.
Referiuse ao importante fito que supuxo a decisión tomada o pasado 6 de xuño pola Comisión Europea de incorporar o Noroeste español ao Corredor Atlántico de mercadorías. E ao seu significado que, tal e como subliñou, significa priorizar e incorporar a conexión ferroviaria dos portos marítimos y centros loxísticos de Vigo, A Coruña, Xixón y Avilés, a través de Palencia, León, Monforte de Lemos y Ourense. O que garante fondos comunitarios para a modernización desta liña de ferrocarril de mercadorías a través do mecanismo de financiación “Conectar Europa”.
Esta decisión da Comisión Europea, insistiu, abre a porta para poder sacarlle o máximo proveito ás infraestruturas portuarias e aeroportuarias como nodos loxísticos con alcance mundial, mediante unha conexión ferroviaria co resto de España e de Europa que inda ten marxe de mellora.  Unha aposta pola loxística que, engadiu, no caso concreto de Galicia se ten sido potenciando co impulso á plataformas como o Porto Seco de Monforte de Lemos ou a PLISAN, no sur da comunidade, que está chamada a ser o principal nodo loxístico de mercadorías do sur de Galicia.
Tamén falou do importante esforzo do Goberno galego pola mellora da rede de estradas, na rede interna da comunidade, que vén a unirse ás comunicacións impulsadas polo Ministerio de Fomento, como a A-8 que pola cornixa cantábrica e que comunica Galicia con Asturias, Cantabria, País Vasco e Francia. Á que tamén haberá de sumarse, engadiu, a necesaria conexión ferroviaria dos portos exteriores, encomenda do Goberno central, e que nestes momentos ten en obras a vía que conectará o Porto Exterior de Ferrol, esperando tamén que na de A Coruña sexa realidade a maior brevidade.
A conselleira de Infraestruturas concluíu subliñando os fitos conseguidos polas comunidades de Asturias, Castela e León e Galicia para que a Comisión Europea aceptase a demanda de incorporación ao Corredor atlántico. E iso, engadiu, permiten afirmar que se ten superado con éxito a primeira proba de cara a incrementar a competitividade económica e a capacidade loxística do Noroeste península.
No obstante, lembrou, non se pode esquecer que quedan inda retos e probas que pasar. e que non se pode deixar a medio camiño o xa avanzado para acadar a meta común de que o Parlamento europeo e o Consejo europeo ratifiquen e referenden a decisión adoptada pola Comisión Europea e incorporar el Noroeste Español ao Corredor Atlántico.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.