O Pleno rexeita a Rosa María Mateo como administradora provisional única de RTVE en primeira votación

Hoxe 25 de xullo é festa en Galicia pero laborable en Madrid e é por iso que tivemos pola mañá un Pleno do Congreso dos Deputados no que foi rexeitada  a candidatura de Rosa María  Mateo como administradora provisional única da Corporación RTVE tras non obter o apoio necesario dos 2/3 da Cámara.

Obtivo 168 votos a favor, 3 en branco e 117 nulos. A candidata fora proposta de Goberno, de acordo co procedemento establecido polo Real Decreto Real Decreto-Lei para a renovación provisional do Consello de Administración e a Presidencia da  radiotelevisión pública estatal. 

Ao non obter a confianza necesaria, o Pleno volverá reunir o vindeiro venres 27 de xullo ás 11:35 horas  para celebrar unha segunda votación. Nela necesítase o

apoio da maioría absoluta da Cámara e o apoio da metade dos grupos parlamentarios, segundo o establecido no Real Decreto que marca o procedemento. 

A maior novidade deste Pleno foi a presenza na bancada popular de Pablo Casado, elixido presidente no Congreso Extraordinario do Partido Popular que tivo lugar o fin de semana pasado.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.