Arranxado o firme da N-540

A N-540 ao seu paso por Chantada
30/4/2018-28/7/2018

O pasado 3 de maio publicaba neste blog unha entrada, na que daba contra que 30 de abril acompañado polo deputado ourensán Miguel Viso mantiven en Vilamarin unha reunión de traballo co grupo comisionado para o impulso da Autovía A-56 Ourense-Lugo, constituído en Chantada.

Como dicía, nela escoitamos de primeira man as inquedanzas dos alcaldes e empresarios sobre o estado actual das comunicacións entre Ourense e Lugo, incluído o mal estado do firme na estrada N-540 en territorio da provincia de Lugo.

E tamén escoitamos o gran malestar existente en relación coa moi lenta marcha das obras de execución do único treito desta autovía e a falta de impulso nos outros que a conforman. 

Pediron explicacións sobre a execución orxamentaria e demandaron solucións.

Sobre o mal estado do firme da N-540, informaba que que a primeira hora do 30 de abril estivemos percorrendo a mesma ata Chantada comprobando que o firme era moi deficiente na parte lucense, a partir de Carballedo e singularmente penoso en Chantada.

Pois ben, este pasado sábado 28 de xullo conducín o meu coche por esta estrada nacional e puiden comprobar o seu bo estado, unha vez rematadas as obras de reparación do firme. Na recta de Chantada a diferencia é abismal entre a situación do firme de hoxe en comparación con tres meses antes.  

Compre seguir estando pendentes da conservación e mantemento desta importante estrada nacional para evitar situacións como as vividas neste inverno.

Sobre a autovía A-56

Aproveitei tamén esta viaxe para visitar as obras  o da A-56 no tramo A Barrela- San Martiño (executadas ao 51% actualmente) e teño que dicir que non vi un avance das obras sobre a situación de hai tres meses.

Lembro que na vsita que fixen este xoves 26 de maio de 2018 ao novo Director General de Carreteras do Ministerio de Fomento, Francisco Javier Herrero Lizano, pedinlle que intensificásese o ritmo de execución deste tramo entre  Sanmartiño e A Barrela, que impulsaran as obras doutros tramos e que se programe unha nova reunión para setembro de 2018 coa finalidade de repasar a evolución desta autovía.

Compre traballar arreo nestas obras para acadar o obxectivo de que estean rematas no priemiro semestre de 2019.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.





Con la tecnología de Blogger.