A Comunidade galega continúa creando emprego, cun crecemento nas afiliacións do 2,76% (26.786 máis), o maior desde 2007


Hoxe coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 18.915.668 ocupados en maio, tras ascender en 237.207 persoas (o 1,27%), trátase do mellor rexistro da serie histórica neste mes. O dato  desestacionalizado (que avanza en 70.898) acumula xa 43 meses en positivo.

En termos interanuais, o quinto mes do ano pechou con 570.254 afiliados medios máis, o 3,11%.

Outro dato significativo é o número de mulleres afiliadas á Seguridade Social que supera o resultado de abril, con 8.773.053 traballadoras. O maior nivel xamais rexistrado. Representan o 46,38% do total de ocupados.

A creación de empresas ( CCC) crece en 8.210 (cun mes de  decalaxe),  o mellor resultado da serie.

BALANCE RESPECTO AO MES ANTERIOR

O Réxime Xeral rexistrou un incremento de 222.133 persoas (1,45%), ata alcanzar os 15.586.623 ocupados. En maio, creceu a afiliación en todos os sectores económicos, especialmente en  Hostelería con 74.642 (5,82%); Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, 22.047 (1,74%); Comercio e Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas con 15.435 (0,65%%); Industria Manufactureira, 10.055 (0,56%); Construción, 17.543 (2,18%) e Transporte e Almacenamento, 9.838 (1,43%).   

En canto ao Sistema Especial Agrario, rexistra  27.420 ocupados máis  (3,51%), e sitúase en 808.785 afiliados medios. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar baixa en 141 (-0,03%);  alcanza os 420.147 ocupados.

O Réxime de Autónomos conta con 3.261.398 persoas, tras incrementarse en 14.544 (0,45%) no mes. 

Respecto ao Réxime Especial do Mar, suma 528 ocupados (0,81%) ata situarse en 65.382  ocupados. Finalmente, o Carbón está constituído por 2.265 afiliados, practicamente mantense. A cifra de afiliados á Seguridade Social ascende en maio en todas as Comunidades Autónomas.

RESPECTO DE 2017

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 570.254 ocupados, o 3,11%. En concreto, destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 537.998 traballadores (3,58%).

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1%, o que se traduce nun crecemento de 32.312 persoas. O Réxime do Mar creceu en 0,53% (342) e o  Carbónregistró descenso de 399 (-14,97%).

En termos anuais a ocupación avanza en todas as provincias e Comunidades e Cidades Autónomas destacando  porcentualmente os incrementos de Canarias (4,19%), Comunidade Valenciana (4,09%), Comunidad de Madrid (3,96%), Navarra (3,65%) e Andalucía (3,02%).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de maio en 998.091 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 8.675 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,88%). 


A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 763.439 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 213.702 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.950 afiliados medios.

As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 26.796 no último ano, unha subida do 2,76 %,

Deste xeito, Galicia encadea xa máis de 4 anos de subidas consecutivas, desde abril de 2014, levando 7 meses consecutivos nos que o número de afiliacións crece por enriba das 20.000 e do 2%. Na evolución mensual, as afiliacións, por cuarto mes consecutivo, desde febreiro, crecen máis que a caída na cifra de parados.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de maio en 102.150 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 490 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,48 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 1.997 ocupados (1,99 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral rematou abril con 77.230 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 24.920 afiliados medios. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.