Formalizado o contrato para execución de operacions de conservación nas estradas A-52 e OU-11 na provincia de Ourense


Daba conta nunha entrada deste blog do día 29 de agosto de 2017 que o Ministerio de Fomento, publicara no Boletín Oficial do Estado, a licitación dun contrato de servizos para a execución de diversas operacións de conservación e explotación en estradas do Estado na provincia de Ourense. O orzamento de licitación ascende a 10,20 millóns de euros.



As estradas incluídas no sector nº 3, comprendían:

Autovía A-52, quilómetros 176,0 a 267,1.
Estrada OU-11, quilómetros 0,0 a 1,9 (acceso centro á cidade).

Pois ben hoxe o BOE publica o anuncio de formalización do contrato da Dirección General de Carreteras, que ten por obxecto a execución de operacions de conservación nas estradas A-52 e OU-11. Provincia de Ourense. A data de adxudicación foi a 16 de marzo de 2018.

Foron recibidas: 26 ofertas e a empresa adxudicataria foi “ MANTENIMIENTO DE INFRAESTRUCTURAS, S. A.” e o valor da oferta seleccionada foi de 5.965.029,74 euros.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:

Lembrar que os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen por obxecto realizar os traballos de servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.

Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.

Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.