sábado, 2 de junio de 2018

Comeza unha nova etapa na política institucional da Nación.

Hoxe Pedro Sánchez Pérez-Castejón, mediante a fórmula de promesa e diante dun exemplar da Constitución, sen crucifixo nin Biblia, tomou posesión do seu cargo como presidente do Goberno ante o Rey Felipe VI.

O Rey asinou onte o seu nomeamento e esta mañá publicouse no Boletín Oficial do Estado.

Acudiron ao Palacio da Zarzuela o Presidente do Goberno saínte, Mariano Rajoy Brey; a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana María Pastor Julián; o presidente do Senado, Pío García-Escudero Márquez; o presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas; e o presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Lesmes Serrano, así como o ministro de Xustiza en funcións, Rafael Catalá Polo que actuou como notario maior do Reino e o director xeral dos Rexistros e do Notariado, Javier Gómez Gálligo.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.