O liderado da Xunta Xunta permitiu acadar o apoio do Ministerio de Fomento e a Comisión Europea á inclusión de Galicia no Corredor Atlántico de Mercadorías


Salientar que a acción da Xunta permitiu acadar o apoio do Ministerio de Fomento e a Comisión Europea á inclusión de Galicia no Corredor Atlántico de Mercadorías.

Así o expresaba o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, hoxe no Parlamento, cando dicía que precisamente, cando case ninguén falaba do Corredor Atlántico de Mercadorías, o Goberno galego asumiu a iniciativa tanto en Bruxelas, como co Ministerio, e tamén sumando os intereses dás distintas comunidades autónomas con interese na proposta.

O director xeral de Mobilidade sinalou o impulso dado pola Xunta a prol da redefinición do Corredor Atlántico de Mercadorías, co obxectivo de que os territorios do noroeste peninsular se beneficien da inclusión neste corredor e vexan, así, incrementada a súa competitividade económica e a súa capacidade loxística.

Lembrou como desde Galicia se impulsou a busca de alianzas con outras comunidades autónomas, con concellos e institucións para promover actuacións conxuntas e coordinadas que contribúan á consecución deste obxectivo. Neste liderado, engadiu, tense implicado todo o Goberno Galego, e proba de elo é a recente visita do Presidente da Xunta a o Presidente do Parlamento Europeo. Visita, engadiu, de carácter estratéxico cara a futura tramitación neste parlamento da proposta da Comisión.

Segundo Ignacio Maestro, outra proba inequívoca da actitude proactiva e proveitosa da Xunta é a “Declaración institucional de apoio e impulso á modificación do Corredor Atlántico de Mercadorías”, asinada polos Gobernos de Asturias, Castela e León e Galicia o pasado 9 de outubro.

Nese documento, engadiu, que se rubricou na compaña de boa parte das principais forzas políticas e empresariais de Galicia, se plasmou unha mensaxe de unidade e vontade compartida, que conseguiu que as demandas de Galicia chegasen ás autoridades competentes nas institucións europeas.

Tamén, paralelamente, e en colaboración e coordinación coa Fundación Galicia Europa e coa Comisión do Arco Atlántico, desde a Xunta de Galicia se vén mantendo un traballo continuado nesta materia.

Estes esforzos realizados, subliñou, sempre baixo a premisa da unidade e da coordinación das tres comunidades autónomas, deron como resultado que o Ministerio de Fomento xa teña trasladado a nosa xusta petición aos órganos competentes da Unión Europea.

Ignacio Maestro indicou así que este traballo alcanzará o seu fito máis transcendente o próximo mes de Xuño, cando previsiblemente a Comisión Europea anuncie a súa proposta de trazado de Corredores incluíndo a proposta de Galicia. Iniciativa, engadiu, que será remitida para a súa ratificación polo Parlamento e Consello Europeo.

Deste xeito, concluíu, a Xunta agarda que a proposta poida ser oficializada antes do 2020, para que poida ser cofinanciada no 2021 cos fondos do novo marco comunitario, grazas ao amplo traballo, esforzo, liderado e os fitos acadados, que fan ter fundadas esperanzas en que as reivindicacións do Goberno galego sexan tidas en conta.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.