miércoles, 2 de mayo de 2018

O 11 de maio, Correos porá en circulación o selo de correo conmemorativo do "Centenario da Ponte Nova de Ourense"


Publicaba onte o BOE a Resolución do 18 de abril de 2018, conxunta das Subsecretarias de Fomento e de Facenda e Función Pública, sobre emisión e posta en circulación do selo de correo denominado «Efemérides.-2018. Centenaria Ponte Nova Ourense»

Será estampado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda.
Características técnicas:

O día 11 de maio de 2018, dentro da serie denominada «Efemérides», emitirase un selo de correo conmemorativo do «Centenario da Ponte Nova de Ourense».

Deseñado polo enxeñeiro Martín Díaz da Banda, consta de seis arcos de sillería e un tramo metálico de arco parabólico.

Características técnicas:

– Procedemento de impresión: Offset.
– Soporte: Estucado, engomado, fosforescente.
Dentado do selo: 13 3 / 4 (horizontal) e 13 1 / 4 (vertical).
– Formato do selo: 40,9 × 28,8 mm (horizontal).
– Valor postal do selo: 1,35 euros. – Tirada: 180.000 selos.
– Efectos en prego: 25 selos.

Posta en circulación e distribución.

1. A venda e posta en circulación terá lugar o 11 de maio de 2018. 2. A distribución aos puntos de venda cesará o 31 de decembro de 2020, con todo, conservarán indefinidamente o seu valor a efectos de franqueo, ata que se dite orde en contrario. Unha vez alcanzada dita data, a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A. poderá interesar da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre ,Real Casa da Moeda a inutilización dos selos sobrantes da emisión.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.