Sobre as necesarias obras de reparación do firme da N-540


A N-540 na recta de Chantada
Como din conta neste blog, o pasado luns 30 de abril acompañado polo deputado ourensán Miguel Viso mantive en  Vilamarin unha reunión de traballo co grupo comisionado para o impulso da Autovía A-56 Ourense-Lugo, constituído a pasada semana en Chantada.


Como dixen, escoitamos de primeira man as inquedanzas dos alcaldes e empresarios sobre o estado actual das comunicacións entre Ourense e Lugo, incluído o mal estado do firme na estrada N-540 en territorio da provincia de Lugo.


E tamén escoitamos o gran malestar existente en relación coa moi lenta marcha das obras de execución do único treito desta autovía e a falta de impulso nos outros que a conforman. 

Pediron explicacións sobre a execución orxamentaria e demandaron solucións.

Sobre o mal estado do firme da N-540, o constatabamos xa que a primeira hora da mañá estivemos percorrendo a mesma ata Chantada comprobando que o firme era moi defiente na parte lucense, a partir de Carballedo e singularmente penoso en Chantada.


Pois ben, hoxe mesmo o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e técnicos da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento reuníronse na capital lucense, cos alcaldes de Guntín, Monterroso, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo, para abordar o avance das obras do firme da N-540 e a evolución da futura autovía A-56 entre Lugo e Ourense.

Na reunión expúxose polos representantes do Goberno o avance e previsións das obras de reparación do firme da N-540, que se iniciaron o pasado mes de abril tras as inclemencias meteorolóxicas da campaña invernal 2017-2018.

Dixeron que na Rede de Estradas do Estado en Lugo, ademais da N-540 entre os puntos quilométricos ( p. k.) 18,000 ao 64,000, tamén se está actuando na estrada N-547, do p. k. 18,700 ao 42,600; N-642, do p. k. 2.200 ao 7.870; e en zonas puntuais da autovía A-6, do p. k. 413,200 ao 540,000. As obras alcanzan un custo total de 2,82 millóns de euros.


Obras da A-56 en A Barrela
Ademais dixeron que, na estrada N-642 entre Barreiros e San Cibrao, en xaneiro de 2018 licitouse por un orzamento de 2,92 millóns de euros o contrato de obras “Rehabilitación estrutural do firme na estrada N-642. Puntos quilométricos 26,950 ao 28,800 e 36,500 ao 55,000”, que permitirá acometer a reparación das zonas danadas e a renovación completa da capa de rodaxe en varios tramos da N-642 nos termos municipais de Barreiros, Foz, Burela e Cervo.
Avances na A-56

Durante o encontro, tamén se abordou a marcha das obras da A-56 no tramo A Barrela- San Martiño (executadas ao 51% actualmente) e o estado de tramitación do resto de tramos desta autovía entre Lugo e Ourense, incluído o tramo do intercambiador de Guntín coa autovía A-54 (Lugo-Santiago) e a N-540 en fase de proxecto, actuación que permitirá mellorar os tempos de percorrido nos itinerarios entre Ourense, Lugo e Santiago e eliminar as curvas de pequeno radio ao sur de Guntín.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.