lunes, 21 de mayo de 2018

No debate do Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado para 2018

Hoxe comezou ás 15,00 horas o debate de proxecto do Proxecto de Lei dos  Orzamentos Xerais do Estado para 2018 cos títulos do I ao VIII, da aprobación dos orzamentos e as súas modificacións, a xestión orzamentaria, os gastos de persoal, as pensións públicas, as operacións financeiras, os entes territoriais e as cotizacións sociais; así como as seccións 06 (débeda pública) e 07 (clases pasivas). Ademais, na primeira xornada do Pleno debatéronse conxuntamente as Disposicións Adicionais, Transitorias,  Derogatorias e Finais e Anexos.

Mañá desde as 9,00 horas continuaremos co debate das partidas correspondentes aos diferentes Ministerios.

A portavoz adxunta do Grupo Popular, Susana López Ares, neste debate afirmou “o proxecto de Orzamentos e en concreto en materia de Función Pública enmárcase dentro do modelo do PP que se basea en tres principios: mellorar o crecemento económico, negociación porque foi o mandato dos españois no ano 2016 e estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira porque o contrario devolveríanos á quebra”.

Así, lembrou que “cando o PP gañou as eleccións en novembro de 2011 fíxoo co compromiso de desenvolver un ambicioso proceso reformista que transformase un país en quebra nun país de éxito, unha economía en recesión nunha en crecemento, un país no que o único que se creaba era paro nun país que ofrece oportunidades aos españois”.

“Isto soamente sería posible co traballo de todos nese proxecto común e tamén dixemos que ese esforzo merecería a pena”, engadiu  López Ares, quen destacou que “ asífue, porque a España de 2011 nada ten que ver coa realidade que estamos a vivir e esa transformación non sería posible sen as políticas económicas levadas a cabo polo PP”.

Ademais, afirmou que estes  PGE “son posibles polo acordo, que no caso dos traballadores públicos son froito da negociación e o pacto cos seus representantes sindicais destacando que nós acordamos pero sobre todo cumprimos”.

A portavoz do PP destacou que “que por primeira vez as remuneracións están, en parte vinculadas, ao crecemento económico e á sustentabilidade”.

Así, explicou que “o incremento salarial ten tres compoñentes: unha parte fixa, outra variable segundo o crecemento do PIB e unha vinculada ao cumprimento o déficit no ano 2020 podendo chegar a subida salarial ao 8,79 por cento”.


López Ares subliñou que “este orzamento tamén recolle medidas importantes como de conciliación para coidado de maiores, fillos menores ou persoas con discapacidade”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.