Feijóo anima aos parlamentarios do PPdeG a que sigan poñendo "sentimento e sentidiño" en todas as Cámaras



Celebramos hoxe en Santiago de Compostela a Interparlamentaria do Partido Popular de Galicia. 

A apertura correu a cargo do Secretario Xeral do PPdG Miguel Tellado e a introducción da coordinadora interparlamentaria Paula Prado.

Deron paso a varias Mesas de debate:

Na primeira falouse do “Presente e futuro da Educación e das Políticas Sociais”. Foi moderada por Tristana Moraleja e participaron Jaime de Olano, Marta Rodríguez Arias e Carmen Leyte.

Na segunda falouse do ”Parlamentarismo na política actual”: Nela Ana Vázquez entrevistou  a Miguel Santalices e Ana Pastor.

Na terceira falouse do “O reto do emprego na industria 4.0 e as infraestructuras”. Foi moderada por Julia Rodríguez Barreira e participaron Marta Nóvoa e Miguel Fidalgo e quen escrebe.


Na miña intervención destaquei que o investimento público en infraestruturas contribúe ao desenvolvemento económico e social de España e de Galicia ao inducir maior actividade en todos os sectores, que xogan un papel primordial na modernización e incremento da nosa competitividade e que son un motor para a saída da crise e a recuperación do emprego a través do impulso do turismo e as exportacións.
Destaquei que as cifras do ano 2017 de 81,8 millóns de turistas internacionais recibidos en España e de 5,1 millóns de turistas en Galicia, garda sen dúbida relación coa mellora das nosas infraestruturas viarias, ferroviarias, portuarias e aeroportuarias e en xeral co noso sistema de transporte.
Falei da transcendencia destes investimentos na mellora da economía de Galicia e no incremento das nosas exportacións e aludín ao exemplo dos investimentos nos Portos galegos, nos que creceu de modo significativo o número de toneladas tráfico de mercadorías.
Aludín aos investimentos para a chegada da alta velocidade a toda Galicia, destacando o esforzo realizado desde que o PP chegou ao Goberno da Nación e o papel desempeñado polo presidente Rajoy pola que foi ministra de Fomento Ana Pastor, e por suposto polo presidente Feijóo.
Dixen que da intensidade do ritmo das obras entre Zamora e Ourense, que vivimos neste momento fai que non sexa unha quimera pensar que podamos alcanzar o obxectivo de conclusión de obras a finais do ano 2019.

Tamén aludín aos investimentos realizados no Eixo atlántico de Alta Velocidade e no corredor Avant entre Ourense-Santiago. A Coruña, como a expresión do éxito de usuarios deste medio de transporte. Finalmente aludín á necesidade de investir dunha maneira equilibrada nunha Galicia Única, na que non existan diferenzas entre a costa e o interior. E así ponderei a importancia das autovías en construción ou en proxecto, entre Ourense-Lugo, Santiago-Lugo e Ourense- Ponferrada. E tamén a relevancia da presentación o pasado luns das necesarias obras da conexión ferroviaria entre Lugo-Monforte de Lemos e Ourense.

Logo houbo unha entrevista de Pilar Rojo a  Francisco Millán Mon.

Despois pasamos a  un diálogo sobre “O futuro da organización territorial no marco constitucional”.  Foi presentado por Marta Lucio en el participaron José Manuel Barreiro e Pedro Puy.

E finalmente pechou o acto a o presidente do PPdG, Alberto Nuñez Feijóo. Asegurou que os populares esfórzanse día tras día por levar ao Parlamento galego, ao Congreso dos Deputados, ao Senado e ao Parlamento europeo “o sentimento e o sentidiño dos galegos”.

Para Feijóo, as persoas que se deron cita neste acto asumen a obriga democrática de levar ás institucións a voz dos galegos, trasladando aos órganos democráticos as opinións, as inquedanzas e as propostas dos cidadáns. Así mesmo, manifestou que o PPdeG non ten ningún dilema entre facer política na rúa e facer política nas institucións xa que “somos o partido que mellor conxuga as dúas áreas de acción democrática e debemos estar nas institucións e ao mesmo tempo pisar os asfaltos e as pistas de terra”.

GARANTES DA ESTABILIDADE

“Os galegos confían en nós como garantes da estabilidade da nosa terra”, dixo o presidente, destacando a defensa que fan dela os 41 deputados populares do Parlamento,  os 12 deputados galegos do Congreso, os 14 senadores do PPdeG, e o eurodeputado Francisco Millán Mon. “Un voto ao Partido Popular de Galicia é un voto ao servizo da estabilidade”, insistiu.

Nese senso, puxo en valor a importancia de ter unhas institucións razoables, previsoras e previsibles coas que os cidadáns poden sacar o mellor de si mesmos. Segundo lembrou, “Galicia dixo moitas veces ‘non’ aos que propuñan romper con todo, e dixo ‘si’ aos que garantimos a estabilidade”.

DEFENDENDO OS INTERESES DOS GALEGOS

Durante a súa intervención, o presidente remarcou que despois de todos estes anos, “podemos seguir mirando aos ollos aos galegos con confianza e ilusión” xa que o Partido Popular de Galicia seguirá defendendo os seus intereses en todas as institucións. Como indicou, mentres haxa deputados autonómicos, deputados nacionais, senadores e eurodeputados do PPdeG, “Galicia terá a presenza que merece en todos os grandes centros de decisión”.

De igual xeito, apuntou que o que fai grande ao seu partido son os seus equipos e as súas ideas, pero sobre todo “é o privilexio de poder levar ás institucións as prioridades, as preocupacións e os desexos da xente” xa que “Galicia manda e o PPdeG actúa”.

CONSTRUÍR A GALICIA DO FUTURO

Tal e como recoñeceu Feijóo, “todas as cousas que nos preocupan incentívannos a corrixir o que facemos mal e a afondar no que facemos ben”. Por este motivo, admitiu que os populares prefiren investir o tempo en xornadas como a Interparlamentaria, que permite seguir perfeccionando o seu traballo.

“O noso obxectivo é deixarlles aos nosos fillos unha Galicia mellor”, manifestou mentres explicaba que a Galicia do futuro non se consegue tuiteando, criticando ou desde o enfrontamento, senón que se constrúe escoitando, reflexionando e propoñendo; sinalando os erros e recoñecendo os acertos;  e actuando desde o diálogo e a cooperación leal e responsable.

“O noso mellor discurso é o noso traballo”, precisou Feijóo mentres poñía en valor que o seu partido ten unha folla de servizos que presentarlles aos galegos. De feito, recordou que, despois de nove anos cun presidente da Xunta do PPdeG e de sete anos cun presidente do Goberno de España tamén do PPdeG, Galicia leva máis de catro anos seguidos creando emprego; saneáronse as contas; expórtase máis que nunca; bátense récords en turismo; prepárase para o 2021 o mellor Xacobeo da Historia; acadouse unha Educación pública inclusiva, equitativa, plurilingüe e tecnolóxica; temos unha Sanidade pública de máis calidade; e hai mellores infraestruturas e grandes proxectos que se farán realidade nos vindeiros anos como o AVE.

De seguido, estas ligazóns a dous videos difundidos polo PP de G.



 “Estamos comprometidos coa chegada da alta velocidade a Galicia e co impulso a proxectos en estradas, aeroportos, portos…” #TraballandoPorGalicia pic.twitter.com/gqf2XwYrMA


Traballamos coa cabeza, o corazón e os pés en Galicia. Tamén desde Madrid #TraballandoPorGalicia pic.twitter.com/uh5cFFD5En


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.