miércoles, 9 de mayo de 2018

En marcha obras de reparación e posta en valor da Ponte Nova de Ourense


Hai uns días, daba conta en twiter que o Ministerio de Fomento estaba a realizar unha serie de traballos de limpeza da Ponte Nova de Ourense.

Onte mesmo o citado ministerio difundía unha nota que dicía que : "con motivo do centenario da posta en servizo da “Ponte Nova” en Ourense, executará diversas actuacións para a reparación e posta en valor desta estrutura singular. O orzamento aproximado desta actuación ascende a 100.000 euros.

Actualmente estanse realizado actuacións de limpeza da sillería e pretiles da ponte.

Tamén están a facerse labores de despexe de vexetación ao redor da estrutura.

Ao longo dos próximos meses está previsto reparar o firme na ponte e as súas proximidades e realizar un repintado do mesmo. Tamén se reparará e mellorará a iluminación desta estrutura para realzar o seu carácter monumental.
Sobre a ponte


A Ponte Nova de Ourense disponse sobre o río Miño. Recibe o nome para diferencialo do primeiro e única ponte da cidade, a ponte romana, ou Ponte Vella. Foi proxectado polo enxeñeiro de camiños Martín Díez da Banda en 1909. As obras comezaron en 1910 e a nova estrutura inauguraríase o 20 de xuño de 1918."

Consta de seis arcos de sillería aplantillada e un tramo metálico central de directriz parabólica. A disposición é complexa: de esquerda a dereita, atopamos tres arcos de medio punto de 12 metros de luz; un arco de tipo carpanel de 25 metros de luz; un arco de directriz parabólica triarticulado na clave e nos apoios, cunha bóveda formada por catro nervios metálicos arriostrados entre si; outro arco carpanel de 25 metros; e outro arco de medio punto de 12 m. A rasante da calzada é horizontal, cun ancho de 8 metros e dúas plataformas de 1,50 metros.”

Celebramos moito a realización destas obras.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.