sábado, 5 de mayo de 2018

Avances no Proxecto de construción da nova estación de alta velocidade Porta de Galicia de A Gudiña


Publica hoxe o BOE o Anuncio de ADIF-Alta Velocidade polo que se somete a información pública, a efectos de expropiacións, o "Proxecto de construción da nova estación de alta velocidade Porta de Galicia no termo municipal de A Gudiña.

Dentro do Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade e no ámbito da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia".


En cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu Regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957), ábrese un período de información pública de quince días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto de referencia, co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.
As alegacións que se formulen irán dirixidas aos citados organismos indicando como referencia "Información pública expropiacións Proxecto de construción da Nova Estación de Alta Velocidade de Porta de Galicia".


https://www.boe.es/boe/dias/2018/05/05/pdfs/BOE-B-2018-25376.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta.