Visitando os últimos kilómetros da plataforma do tramo da LAV entre Ponte Ambía-Taboadela



Onte pola tarde despraceime ata Taboadela, para ver in situ o estado en que se atopan as obras de plataforma do Tramo: Ponte Ambía-Taboadela da Liña de Alta Velocidade Olmedo - Lubian-Ourense .

Unhas obras que foron licitadas por 94 millóns de euros e adxudicadas en xuño de 2010 á empresa Vias e Construcións, S.A. por importe de 82.615.200,00 euros.

No trazado deste subtramo – de 9 quilómetros de lonxitude - inclúense dous viadutos, un sobre o Rego dous Muiños, de 21 metros de lonxitude e outro sobre o Rego Pazos, cunha lonxitude de 64 metros. Ademais, inclúe o túnel de Os Casares, de 3.490 metros.

Discorre polos termos municipais de Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Paderne de Allariz, Allariz e Taboadela.

Unhas infraestruturas (plataforma) que puiden comprobar que xa están prácticamente concluídas (agás a colocación das canaletas laterais) e á espera de que chegue o momento en que se proceda cos traballos da superestrutura (vía, electrificación, instalacions de seguridade e comunicacions).


Como xa informaba nunha entrada do pasado 24 de marzo, ADIF AV adxudicou xa o contrato de obras do Proxecto de construción de plataforma na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Tramo: Ramal de Conexión coa Liña Convencional en Taboadela.

O orzamento de licitación era de 6.025.941,41 € e o de adxudicación foi de 4.403.155,39 €. A empresa adxudicataria é COMSA SAU. E o prazo de execución é de doce meses.

Lembrar que o pasado 18 de abril, Adif AV con ocasión da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) da apertura do proceso de información pública sobre a relación dos bens e dereitos afectados cuxa expropiación é necesaria para executar as obras de implantación do ancho de vía estándar (1.435 mm) entre Taboadela e Ourense, informaba por medio dunha nota de prensa que: 

“Ademais destas obras, está previsto construír un cambiador de ancho en Taboadela, que inclúe a montaxe de vía no ramal de conexión da LAV Madrid-Galicia coa liña convencional. Este cambiador de ancho permitirá tamén a circulación de trens de ancho variable pola LAV Madrid-Galicia, de forma que a Estación de Ourense reciba trens de calquera ancho e siga funcionando como nó ferroviario distribuidor cara a todas as liñas de ferrocarril da Comunidade Autónoma de Galicia”

E engadía que: ”Estas actuacións son complementarias e permitirán a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a meseta mentres se tramita e constrúe a Variante Exterior de Ourense”·



Finalmente lembrar que tras o Consello de Ministros celebrado no 6 de abril de 2018 no que se autorizaron as operacións previas necesarias para que o tramo de ancho convencional (1.668 mm) Taboadela-Ourense transfórmese nun tramo da rede de alta velocidade de ancho internacional (1.435 mm), emitiuse unha referencia e unha nota que dicía:

“As actuacións no tramo Taboadela-Ourense permitirán a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a Meseta mentres se tramita e constrúe a variante exterior de Ourense, polo que son complementarias ao proxecto de variante.”


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.



Con la tecnología de Blogger.