EPA IT de 2018: O emprego creceu en 435.900 persoas nos 12 últimos meses


Difunde hoxe o INE a Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondente ao primeiro trimestre de 2018.

Segundo estes datos en España o número de ocupados diminúe en 124.100 persoas no primeiro trimestre de 2018 respecto ao trimestre anterior (un –0,65%) e sitúase en 18.874.200. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,46%.

O emprego creceu en 435.900 persoas (un 2,36%) nos 12 últimos meses. 

A ocupación no sector público aumenta este trimestre en 31.000, mentres que no sector privado redúcese en 155.200. Nos 12 últimos meses o emprego incrementouse en 304.000 persoas no sector privado e en 131.900 no público.

Os asalariados diminúen este trimestre en 130.300. Este descenso concéntrase entre os que teñen contrato temporal (128.900 menos). En variación anual, o número de asalariados crece en 451.500 (o emprego indefinido increméntase en 278.500 persoas e o temporal en 173.000). O número de traballadores por conta propia sobe en 5.900 este trimestre e baixa en 15.600 nos 12 últimos meses.

A ocupación aumenta este trimestre na Agricultura (13.100 máis) e a Construción (8.200), e baixa nos Servizos (–110.500) e a Industria (–34.900). No último ano en Servizos hai 274.000 ocupados máis, en Industria 105.500 e en Construción 70.400, mentres que en Agricultura hai 14.000 menos.

Este trimestre prodúcense incrementos de emprego en Comunidade de Madrid (21.900 máis) e Canarias (7.600). Os maiores descensos danse en Comunitat Valenciana (38.200 menos), Illes Balears (31.600 menos) e Castela-A Mancha (–21.900). No último ano os maiores aumentos do número de ocupados obsérvanse en Cataluña (105.300), Comunidade de Madrid (92.300) e Canarias (69.800). Pola súa banda, o maior
descenso dáse en Principado de Asturias, con 6.300 menos.

O número de parados sobe este trimestre en 29.400 persoas  (0,78%) e sitúase en 3.796.100. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do –2,97%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 458.900 persoas (–10,79%).
A taxa de paro sitúase no 16,74%, o que supón 20 centésimas máis que no trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,01 puntos.

Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Cataluña (20.600 parados menos), Canarias (–18.000) e Comunidade de Madrid (–10.300). E os maiores aumentos en Illes Balears (28.000 máis), Andalucía (15.100) e Región de Murcia (9.100). En termos anuais, as maiores reducións do número de parados prodúcense en Cataluña (118.000 menos), Andalucía (–96.700) e Comunitat Valenciana (–66.200).

O número de activos diminúe este trimestre en 94.700, ata 22.670.300. A taxa de actividade baixa 34 centésimas e sitúase no 58,46%. No último ano a poboación activa descendeu en 23.000 persoas.

GALICIA


No primeiro trimestre de 2018 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.334.800 persoas, das cales 1.236.600 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas diminúe en 1.300 persoas, mentres que a taxa de actividade se mantén no mesmo nivel que no cuarto trimestre de 2017.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2017, o número de persoas activas diminúe en 14.200 persoas e a taxa de actividade diminúe tres décimas.

A ocupación diminúe en 5.700 persoas no primeiro trimestre de 2018 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.050.100 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe dúas décimas neste trimestre, ata o 45%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 16.500 persoas, o que supón unha suba do 1,6% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre diminúe tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 3.400 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2017 e a ocupación das mulleres diminúe en 2.200 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha diminución da taxa de ocupación masculina de tres décimas e de dúas décimas na feminina.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2017, o número de homes ocupados aumenta en 9.300 persoas (un 1,7%), mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 1,5%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminúe na agricultura e pesca e na industria, e aumenta tanto na construción coma nos servizos. No sector primario a ocupación diminúe en 3.600 persoas con respecto ao cuarto trimestre de 2017; na industria, a ocupación diminúe en 3.500 persoas. Pola contra, o sector da construción rexistra un incremento de 100 persoas na cifra de ocupación, e os servizos de 1.200 traballadores e traballadoras máis.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2017, a ocupación diminúe na agricultura e pesca un 8,7% e na construción un 0,6%; pola contra, na industria a ocupación aumenta un 3,1% e nos servizos un 2,5%.

No primeiro trimestre de 2018 en Galicia había 186.500 persoas en paro, 4.400 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 0,4 puntos e sitúase en 15,1%.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2017, o número de parados e paradas diminúe en 30.600 persoas (un -14,1%) e a taxa de paro 2,3 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe o paro masculino e aumenta o feminino: o número total de homes parados sitúase en 91.100 persoas (600 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 95.400 persoas (4.900 mulleres máis en paro). A taxa de paro masculina mantense no mesmo nivel que no cuarto trimestre de 2017 e a feminina aumenta 0,8 puntos, situándose a primeira no 14,2% e a segunda no 16%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 20.800 persoas (un 18,6% menos), e o volume de paradas en 9.800 persoas (un 9,3% menos que hai un ano).

No primeiro trimestre de 2018, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 2.800 unidades e sitúase en 68.900 fogares. Respecto ao primeiro trimestre de 2017, pola contra, esta tipoloxía de fogares diminúe un 6,8%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 3.700 unidades. O número de fogares nesta situación é de 579.800. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 21.800 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 3,9% en termos relativos.

Dos 319.200 mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos, 115.600 (o 36,2%) están ocupados, 40.200 (o 12,6%) parados e os 163.400 (o 51,2%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 36,2% no primeiro trimestre de 2018. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 5 décimas; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2017 diminúe tamén 0,5 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 25,8% neste trimestre; diminúe 0,5 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co primeiro trimestre de 2017 diminuíu 0,7 puntos.

OURENSE


Os datos do INE acreditan que Ourense conta no primeiro trimestre de 2018 con 111.400 ocupados (4.200 máis que hai un ano) e  18.500 parados (8.900 menos que hai un ano).


A taxa de paro sitúase nun 14,27 % 6.09 puntos menos que hai un ano.


A taxa de actividade sitúase no 47,83 %, 1,08 puntos menos que hai un ano.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.



Con la tecnología de Blogger.