Os plans de emprego do Goberno ofrecen oportunidades de inserción laboral a máis de 10.200 mozos ourensáns


A Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven, aprobada polo Goberno en febreiro de 2013 para facilitar a empregabilidade dos mozos, ofrece oportunidades de inserción laboral a 10.259 ourensáns, segundo recolle o informe que sobre emprego e pensións presentou esta mañá ao Grupo Parlamentario Popular no Congreso a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez

Os datos reflicten tamén un descenso do desemprego xuvenil na provincia de Ourense que alcanza o 11,5 % anual, cando en decembro de 2011 era de case que dez puntos menos. En comparación con esta mesma data, hoxe hai 1.311 menores de 25 anos fora das listas de desemprego e 144 menos no último ano.

O informe tamén sinala a positiva evolución do emprego na provincia, onde se recuperaron 5.221 postos de traballo destruídos durante a crise, contabilízanse 7.900 parados menos no último ano e cun ritmo de reducción do paro do 30,7 %. 

Este documento inclúe tamén unha análise das pensións na provincia, que reflicte que máis de 80.000 ourensáns beneficiaranse dunha suba de entre o 3 % e o 1 %, segundo a cualificación das pensións, sen esquecer que máis de 3.300 nais se benefician do complemento de maternidade, cifra que alcanzará as 6.000 no ano 2019.

Para o deputado ourensán, Miguel Ángel Viso, que asistiu á presentación deste informe, “os datos confirman que estamos a traballar na boa dirección e que as políticas de emprego postas en marcha polo PP están a demostrar a súa eficacia”.

“Non cabe dúbida de que nos gustaría que o investimento social previsto no proxecto orzamentario de 2018 puidese estar xa recollido en 2011, cando o PP chegou ao Goberno, pero estamos a ver como a nosa estratexia está a dar os seus resultados, aínda que quede moito camiño por percorrer”, en-gadiu o deputado.

Estes son, en detalle, os datos referidos á provincia de Ourense que figuran no informe presentado esta mañá no Congreso.

Mozos (Datos do ministerio)

• 1.311 menores de 25 anos parados menos que en decembro de 2011.
• 144 menores de 25 anos parados menos que hai un ano.
• En decembro de 2011, o desemprego xuvenil reducíase un 1,6 % anual. Agora alcanza o 11,5 %.
• A Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven e a Garantía Xuvenil ofrecen oportunidades laborais a 10.259 ourensáns.

Autónomos, pemes e emprendedores

• Tarifa plana de 50 euros: 2.456 beneficiarios.
• 3.961 persoas asinaron un novo contrato indefinido de apoio a empren-dedores para pemes e autonómos.

Desemprego (EPA)

• 9.500 parados menos que en decembro de 2011.
• No último ano o número de parados reduciuse en 7.900 persoas.
• En decembro de 2011, o número de parados crecía un 12,8 % anual e agora redúcese un 30,7 %.

Creación de emprego (EPA e ministerio)

• No último ano aumentou o número de ocupados en 4.400 persoas.
• En decembro de 2011 destruíase ao ano un 0,6 % do emprego. Agora créase emprego cunha taxa interanual do 4,1 %.
• En decembro de 2011, a contratación indefinida reducíase a un ritmo anual do 7,6 %. Agora aumenta cunha taxa interanual do 13,3 %.
• Recuperáronse 5.221 dos empregos destruídos durante a crise.

Pensións

• Páganse 108.653 pensións. A pensión media de xubilación é de 745,23 euros, un 15,8 % máis altas que a finais de 2011.
• 3.328 nais benefícianse do complemento de maternidade nas súas pen-sións (ata un 15 %). Neste ano percibirán este complemento 1.700 novas mulleres e no 2019 serán un total de 6.000.
• As pensións non contributivas subirán un 3 %, con 5.661 beneficiarios.
• As mínimas tamén subirán un 3 %, con 41.623 persoas.
• As pensións de ata 700 euros (9.800 anuais) subirán un 1,5 % con 21.509 beneficiarios.
• As pensións entre 700 e 860 euros (12.040 anuais) subirán un 1 % con 7.365 persoas.
• A base reguladora da pensión de viudedade sube do 52 ao 54 %: 3.900 persoas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.