Feijóo: "para nós, o Día da muller é un exame dos compromisos que xa cumprimos e dos retos que aínda faltan por cumprir”


Asisto esta mañá en A Coruña a un encontro organizado polo PP de G baixo o lema “As mulleres facendo Galicia” . Nel o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que é necesario que a igualdade non sexa unha trincheira política, senón unha misión compartida entre todos. “Espero que este Día da Muller marque un cambio na dinámica política e que a igualdade non se vexa como un campo de xogo para gañar votos, senón como unha prioridade nacional que require grandes acordos”, salientou. 

Así mesmo, engadiu que respecta que se convoque unha folga para reivindicar a igualdade, pero que tamén espera que participen con decisión para enriquecer as medidas que propón a Xunta neste eido. De igual xeito, asegurou aplaudir que se fale de igualdade en todos os plenos parlamentarios, pero “tería sido mellor que en 2004 votasen a favor da Lei de igualdade, que tivo que aprobar en solitario o PPdeG”.

Alberto Núñez Feijóo sinalou que agarda que nunca máis lle toque ao PP impulsar estas medidas sobre igualdade en solitario porque “para nós, o Día da muller é un exame dos compromisos que xa cumprimos e dos retos que aínda faltan por cumprir”.

Ademais lembrou que a Xunta aprobará o primeiro Plan de conciliación e corresponsabilidade, que porá o foco nun reparto equitativo das responsabilidades domésticas e familiares entre homes e mulleres.

Durante o acto, celebrado na Coruña, subliñou que ninguén pode dicir que o seu partido non contribuíse a acadar unha Galicia máis igualitaria. Nese senso, destacou que o fixeron impulsando a formación en igualdade para os traballadores públicos da Xunta, loitando contra a lacra da violencia de xénero -ao que destinan o orzamento máis alto da historia da autonomía-,  ampliando o número de prazas públicas de gardería; e con novos recursos de conciliación, ampliando a baixa de maternidade a 20 semanas máis dúas de preparto; ou avanzando na educación igualitaria para as galegas e galegos do futuro, cunha materia de Igualdade na ESO e unha nova FP de Promoción de igualdade de xénero.

AVANCES LOGRADOS E POR LOGRAR

Feijóo puxo de manifesto que, en pleno 2018, o obxectivo de visibilizar por igual as achegas de homes e mulleres aínda non se logrou por completo, polo que é necesario debater os porqués e intentar buscar solucións; sen obviar que a igualdade plena está cada vez máis preto.

Deste xeito, amosouse orgulloso de que, no eido político, as mulleres do PP fosen pioneiras: a primeira presidenta do Senado foi do Partido Popular, no primeiro Parlamento de Galicia había tres deputadas, dúas delas populares e ningunha dos partidos de esquerda, e tamén da súa formación foi a primeira conselleira da historia da autonomía, María Jesús Sainz. “Sen estas pioneiras, probablemente non sería posible que hoxe, o 45% dos membros do Parlamento de Galicia sexan mulleres”, afirmou.

Aínda que se avanzou moito, amosouse convencido de que “cada ano que pase Galicia será máis igualitaria”, Feijóo fixo fincapé tamén no que queda por facer. Ao respecto, apuntou que hai que seguir visibilizando referentes femininas que triunfaron nos seus ámbitos, avanzar na participación das mulleres en eidos cun enorme potencial de crecemento, seguir pulando para reducir a fenda salarial -Galicia hoxe rexistra a maior taxa de emprego feminino desde 2002 e, desde o inicio da crise, a desigualdade reduciuse máis de 3 puntos, pero aínda estamos lonxe da equidade total-, ou progresar na corresponsabilidade e a conciliación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.