Onte e hoxe tivo lugar na Pista Cuberta de Expourense o XLV Campionato de España Sub-20
Masculino e o XL Campionato de España Sub-20 Feminino que convertirón a Ourense
no epicentro nacional do atletismo
Transcorreron 44 anos desde que a nosa Comunidade acollía un evento destas características
baixo teito, despóis despois de que nos
anos 1972 e 1974 se disputaran os últimos e únicos Campionatos de España
(Junior) na pista coruñesa do Pazo dos Deportes de Riazor.
Por Ourense pasaron un total de 400 atletas, en
representación de todas as Comunidades Autónomas , e un número importante de técnicos
e adestradores, xuíces, público, organización e afeccionados.
Esta mañá tive a oportunidade de acudir a
Expourense, saudar ao presidente da Federeción Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos e outros integrantes de
Comité Organizador. E ver varias finais, nas que foron batidos records de España.
Amablemente
a organización pedíume que entregara as medallas da proba dos 400 metros
femininos, na que foi primeira a atleta barcelonesa, Sara Gallego que supuso o
novo record de España sub 20, con 54.09.
Parabéns
a organización, que amosou que esta "rápida" pista de Ourense, está en condicións de albergar grandes competicións nacionais e internacionais.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta