OURENSE:
Baixa o paro
rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 272 persoas, un - 1,33
%. No mesmo mes de 2017, o paro tiña baixado en 158 persoas, un - 0,67 %. Polo tanto hai unha
mellora.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 3.235 persoas saíron
en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do –
13,86 %.
O número
de parados queda en 20.113, deles 8.887 son homes e 11.226 mulleres, 19.024 son
maiores de 25 anos e 1.089 menores.
Por
sectores: 1.076 son da agricultura, 2.458 da industria, 1.928 da construción,
12.711 dos servizos e 1.940 do colectivo sen emprego anterior.
GALICIA:
Baixa o paro
rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 1.679 persoas, un - 0,88 %. É a maior caída desde o inicio da crise económica nun mes de febreiro, con 1.679 desempregados menos.
O número
de parados queda en 188.207 persoas. A nivel interanual, isto é, con respecto a
febreiro do ano pasado, 23.717 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o
que supón unha caída do desemprego do – 11,19 %. É a maior baixada de toda a serie histórica, desde o ano 1996, posicionando á Comunidade galega como a segunda na que máis cae o desemprego.
O paro rexistrado tamén baixou na evolución anual nas catro provincias e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores liderando o descenso a construción (-23,26%), seguido da industria (-15,09%) e da agricultura e a pesca (-13,06%).
Con respecto ás cifras provinciais, Lugo lidera a caída do desemprego cun -14,07%; seguida de Ourense cun -13,86%; de Pontevedra cun -11,54%; e da Coruña que pechou febreiro cunha baixada do -9,32%.
O desemprego tamén caeu nos menores de 30 anos (-11,94%) e nos parados de longa duración (-10,36%), o que supón que algo máis de 4 de cada 10 desempregados que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo.
A Comunidade galega leva experimentando 5 anos consecutivos nos que o desemprego descende, un período no que algo máis de 1 de cada 3 galegos abandonaron as listas do paro. Isto sitúa a Galicia a un nivel “moi inferior” ao de hai 9 anos. Ademais, Galicia supera ao Estado en case catro puntos no ritmo de descenso do desemprego.
En canto á calidade do mercado de traballo, reflíctese unha clara recuperación no último ano ao medrar a contratación indefinida nun 15,86%, superando en máis de 5 puntos o ritmo de subida da temporal. Na actualidade, 3 de cada 4 contratos en Galicia son indefinidos. Ademais, o crecemento é superior ao experimentado no Estado, no que as contratacións indefinidas subiron un 15,37%. A tempo completo a contratación tamén subiu, nun 13,75% con 5.218 contratos novos.
Hay tamén que valorar o descenso rexistrado nos colectivos que atopan máis dificultades para atopar un traballo como é o caso das mulleres. Febreiro acabou con 9.554 mulleres menos no paro, un descenso do 8,26%, o que supón, que Galicia avanza en igualdade.

ESPAÑA:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos
Públicos de Emprego baixou en febreiro en 6.280 persoas en relación co mes
anterior.
Durante o últimos dez anos o incremento rexistrado máis ou
menos nos meses de febreiro foi de 50.696 persoas. En termos desestacionalizados o paro baixou en 23.139 persoas.
Respecto de febreiro
de 2017 o paro reduciuse en 280.628 persoas, e o ritmo de redución interanual
sitúase no 7,48%.
Desta forma, a cifra
total de parados rexistrados é de 3.470.248, e sitúase no seu nivel máis baixo
dos últimos 9 anos. Iso supón que desde máximos rexistrados en febreiro de
2013, o paro reduciuse en 1.569.974 persoas.
O paro rexistrado diminúe en 11 comunidades autónomas entre
as que destacan: Cataluña (-4.685), Illes Balears (-3.338) e a Comunidade Valenciana (-2.045). Sobe, en cambio, nos 6 restantes, e faio principalmente en Andalucía 7.473), na Comunidad de Madrid (1.731) e na Región de Murcia (1.119).
Por sectores
económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado redúcese en
Servizos en (15.133), en Industria (4.010) e en Construción (3.800). Pola
contra increméntase en Agricultura e Pesca (10.846), e no colectivo de persoas
sen emprego anterior en (5.817).
A contratación
indefinida aumenta un 15,4% O número de contratos rexistrados no mes de
febreiro foi de 1.546.402, representa unha subida do 6,46% sobre o mesmo mes do
ano 2017. O número de contratos indefinidos subscritos en febreiro foi de
174.287, que supón un 15,37% máis, (23.215), sobre igual mes do ano anterior.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta