Adxudicado por ADIF AV o Ramal de Conexión coa Liña Convencional en Taboadela


Como xa informaba nunha entrada do pasado martes 20 de marzo, o Ministro de Fomento, Íñigo De la Serna anunciaba en Arzúa que Adif Alta Velocidade adxudicara o pasado 26 de febreiro o ramal de conexión coa liña convencional de Taboadela.


Pois ben onte, Adif Alta Velocidade facía público na Plataforma de Contratación do Sector Público a adxudicación na mencionada data do contrato de obras do Proxecto de construción de plataforma na Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Tramo: Ramal de Conexión coa Liña Convencional en Taboadela.

O orzamento de licitación era de 6.025.941,41 € e o de adxudicación é de 4.403.155,39 €. A empresa adxudicataria é COMSA SAU. E o prazo de execución é de doce meses.

Lembrar que o pasado 18 de abril, Adif AV con ocasión da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) da apertura do proceso de información pública sobre a relación dos bens e dereitos afectados cuxa expropiación era necesaria para executar as obras de implantación do ancho de vía estándar (1.435 mm) entre Taboadela e Ourense, informaba por medio dunha nota de prensa que:

“Ademais destas obras, está previsto construír un cambiador de ancho en Taboadela, que inclúe a montaxe de vía no ramal de conexión da LAV Madrid-Galicia coa liña convencional. Este cambiador de ancho permitirá tamén a circulación de trens de ancho variable pola LAV Madrid-Galicia, de forma que a Estación de Ourense reciba trens de calquera ancho e siga funcionando como nó ferroviario distribuidor cara a todas as liñas de ferrocarril da Comunidade Autónoma de Galicia”

E engadía que: ”Estas actuacións son complementarias e permitirán a continuidade da conexión ferroviaria de alta velocidade entre a cidade de Ourense e a meseta mentres se tramita e constrúe a Variante Exterior de Ourense”·

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.