O número de viaxeiros que utilizaron o transporte público superou os 4.744,3 millóns no conxunto do ano 2017


Difunde hoxe o Instituto Nacional de estatística (INE) a Estatística de Transporte de Viaxeiros que achega resultados no conxunto do ano 2017.

O número de viaxeiros que utilizaron o transporte público superou os 4.744,3 millóns no conxunto do ano 2017, o que supuxo un aumento do 2,2% respecto de 2016. 

O transporte urbano incrementouse un 2,8% e o interurbano un 1,6%. Dentro do transporte urbano, o transporte por metro creceu un 4,8% e por autobús un 1,6%. 

O número de viaxeiros do transporte interurbano aéreo aumentou un 8,1%, o marítimo un 5,6% e por ferrocarril un 3,3%. Pola contra, o transporte por autobús baixou un 0,2%.

O transporte especial e discrecional creceu un 0,4% durante o ano 2017. O especial diminuíu un 3,4%, mentres que o discrecional aumentou un 6,9%





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.