O conxunto do Sistema público supera os 9,5 millóns de pensións contributivas un 1,20% máis respecto ao ano pasado


A nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.925,1 millóns de euros o pasado 1 de febreiro.

O incremento interanual sitúase no 3,05%. A pensión media de xubilación ascende a 1.077,52 euros, o que representa un aumento do 1,93% respecto ao ano pasado.

A pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), alcanza os 932,29 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 1,83%.

O conxunto do Sistema público supera os 9,5 millóns de pensións contributivas (9.573.282), un 1,20% máis respecto ao ano pasado.

Máis da metade, 5.888.138 concretamente, son por Xubilación; 2.357.014 corresponden a Viuvez; 948.393 a incapacidade permanente; 338.644 a orfandade e 41.093 a favor de familiares.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.