sábado, 17 de febrero de 2018

Feijóo: o PPdeG será a única esperanza para lograr gobernos municpais sólidos e fiables

Está mañá tivo lugar en Santiago o acto “Facendo Galicia desde os Concellos”, que reuniu a máis de 1.000 alcaldes, concelleiros e voceiros municipais.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que, tralos resultados de 2015, os populares captaron a mensaxe dos galegos, gañaron en 2016 co case o 48% dos votos e demostrarán en 2019 que serán a única esperanza para lograr ter gobernos sólidos e estables

 Feijóo lembrou que malia que moitos quixeron interpretar o que ocorreu en 2015 coma o punto final do PP de Galicia, tres anos despois seguen coa forza de sempre e con máis ilusión que nunca. “Mentres outros utilizan as súas xuntanzas para tirarse os mobles á cabeza, nós reunímonos para seguir aprendendo”, engadiu.

Do mesmo modo, tamén recordou que aínda que cambiaron moitas cousas desde 2015, o PP segue sendo o primeiro partido en Galicia e en España e que “o que para nós foi un mal resultado, para calquera outro partido sería un éxito sen precedentes”.

Así mesmo, o presidente afirmou que o vindeiro ano os populares demostrarán que teñen un proxecto para todos os galegos, que gobernan pensando no crecemento e no benestar, que teñen experiencia e ideas para o futuro e que “Galicia se fai desde os concellos”. Por este motivo, pediu aos alí presentes que demostren a cada veciño que non hai maior honra que poñerse á súa disposición e así poder “seguir construíndo pouco a pouco a Galicia que queremos”.

ESCOITAR, APOIAR E PROPOÑER

Para o líder do PPdeG, o encontro celebrado hoxe demostra que a súa formación está activa, é autocrítica e que son o único partido de Galicia capaz de xuntar a 1.000 representantes da política municipal para falar e para escoitar. Deste xeito, puxo en valor a importancia deste tipo de xornadas para “reafirmarnos na nosa esencia” e seguir adaptándonos para ser cada vez máis útiles aos veciños pois o PPdeG “nunca deixa de aprender dos galegos”.

“Calquera dos demais partidos se cambiaría por nós sen dubidalo nin un segundo” aseveraba Feijóo mentres apuntaba que non dan descifrado que a clave para gañar dos populares é ser o partido que máis se parece á nosa Comunidade. De feito, sinalou que no evento desta mañá podíase ver unha radiografía moi precisa da Galicia real, esa á que queren dirixirse porque, “fronte á Galicia de taifas do PSOE, á Galicia paralizada das Mareas, á Galicia irreal do BNG, e á non-Galicia doutras forzas políticas, “nós nunca separamos os pés da terra”.

Así, salientou que a súa política baséase en escoitar, en apoiar e en propoñer e, por iso, “o PPdeG debe seguir sendo unha ponte entre as xeracións de galegos, baseada nos piares da confianza”.

NINGÚN SISTEMA ELECTORAL CALA AOS GALEGOS

Durante o seu discurso, Feijóo fixo referencia á petición de cambio da Lei electoral que fixeron algúns dos partidos que perderon as eleccións e que intentan gañalas cunha proposta feita á súa medida. “Pero non hai ningún sistema electoral que poida calar a voz democrática dos galegos cando votan”, indicou.

Ademais, tamén aproveitou para destacar que as formacións que se presentaban en 2015 coa novidade como valor principal demostraron que, canto máis se lles coñece, menos se pode confiar neles pois o seu “para mudalo todo” e “para que nada siga igual” significaba “para paralo todo” e “para nunca traballar”. “As Mareas de Podemos, co imprescindible apoio dos socialistas e os nacionalistas, conseguiron transformar nun tempo récord a ilusión en decepción. Ese será o seu legado”, lamentou.

Pola contra, o líder do PPdeG apuntou que, malia que as últimas eleccións municipais foron un toque de atención, o seu partido non se encerrou a lamentarse senón que recoñeceron os seus erros con humildade, emprenderon un proceso de renovación con confianza nos seus equipos, saíron á rúa con novos folgos e, cun proxecto ilusionante, gañaron as eleccións de setembro de 2016 co apoio maioritario dos galegos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta