Avanzan as obras da LAV entre Zamora e Pedralba de la Pradería


Base de montaxes de La Hiniesta
Onte viaxei pola mañá desde Ourense a Madrid nun tren Alvia que saíu ás 9,30 horas, o que me permitiu ver a evolución daquelas obras da liña de alta velocidade a Galicia máis próximas á actual vía.


En Lobeznos, Pedralba de la Pradería constatei o avance das obras no cambiador de anchos que permitirá conectar a vía única sen electrificar de ancho convencional Zamora-A Coruña, á altura do punto quilométrico 112, co novo tramo de alta velocidade en construción Zamora-Lubián, nunha zona de intersección de ambos os trazados.


Obras nas proximidades de Zamora
Máis adiante vin as actuacións realizadas e en curso da Base de montaxes de La Hiniesta e tamén nas proximidades da estación de Zamora, o alto grao de avance das obras.

Estas fotos dan conta do que relataba anteriormente.

En definitiva, que avanzan as obras contratadas por ADIF Alta Velocidade entre Zamora e Pedralba.

Cambiador de anchos de Lobeznos


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.