miércoles, 17 de enero de 2018

ADIF Alta Velocidade afirma a súa vontade de cumprir cos prazos comprometidos nas obras da Liña de Alta Velocidade ( LAV) Madrid-Galicia

Onte ADIF Alta Velocidade expresou por medio dun comunicado de prensa a vontade do Ministerio de Fomento, "de lograr que Galicia poida estar conectada por alta velocidade no menor prazo posible".
Deste xeito, afirma ADIF AV “ a finais do próximo ano 2019 estarán concluídas as obras da Liña de Alta Velocidade ( LAV) Madrid-Galicia e ao longo do último trimestre dese mesmo ano comezará a fase de probas, no tramo Pedralba -Ourense. Previamente a este anuncio, e co obxectivo final de cumprir cos prazos comprometidos, o Ministerio conseguiu desbloquear en 2017 algúns dos tramos que se atopaban retardados por problemas técnicos e na actualidade atópanse finalizados ou en execución todos os tramos entre Zamora e Taboadela (Ourense). O feito de que algunhas actuacións aínda non estean adxudicadas non afecta á culminación da LAV no prazo previsto. O factor orzamentario tampouco é obstáculo para cumprir o comprometido, xa que a planificación financeira de ADIF Alta Velocidade permítelle conseguir fondos para o desenvolvemento dos seus proxectos a través de distintas fontes independentemente da aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, dispoñendo ademais dunha capacidade de endebedamento que lle concede unha marxe suficiente de independencia para asumir esta actuación.” E engaden que “ ADIF AV, para a LAV Madrid-Galicia conta cun orzamento de 4.029 millóns de euros, que inclúe tamén a Variante de Ourense e a estación intermodal de Ourense”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta