No faladoiro de Voces de Galicia en Radio Voz

Interveño á primeira hora de hoxe no programa Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Evá Millán e compartindo micrófono con Pablo Mosquera.

Falamos en primeiro lugar dos problemas das urxencias hospitalarias derivadas fundamentalmente das complicacións derivadas da intensa actividade gripal.
Dixen que este problema é común a prácticamente todos os servizos de saúde automómicos, e que estaba convencido que o  Servizo Galego de Saúde escoita as suxerencias dos médicos de urxencias e que os xerentes dos Complexos Hospitalarios están adoptando as actuacións necesarias para atender as incidencias que afectan de modo máis serio á poboación de máis idade.

Falamos tamén das nevadas do pasado fin de semana na autopista AP-6 . Dixen que en fechas próximas o ministro De la Serna comparecerá na Comisión de Fomento para informar sobre o ocorrido e sobre as responsabilidades a esixir. 

Neste sentido lembrei que está en curso un expediente informativo aberto o pasado 7 de xaneiro á concesionaria, para determinar si existen motivos para a apertura dun expediente de penalizacións en virtude do establecido na Lei de Autopistas. Engadín que o  Ministerio de Fomento iniciou unha valoración dos gastos incurridos pola Administración General do Estado (Ministerio de Interior e Defensa, principalmente)  derivados das medidas de emerxencia adoptadas para facer fronte á situación ocasionada polo colapso de vehículos na AP-6.
Con la tecnología de Blogger.