Onte pola tarde uns 1.098 corredores e corredoras de todas as idades decidimos participar na II San Silvestre Ourensá.
Unha carreira, que saíu do xardín  do Posío por zona integramente urbana, contando con catro categorías: absoluta,  sub10-  sub12,  sub14- sub16 e absoluta. 
A pesar dunha climatoloxía pouco favorable a carreira de cinco quilómetros resultou formidable e foi unha excelente maneira de terminar 2017, saudando a amigos e facendo deporte.
 

