Comezando 2018 coa Filarmónica de Viena

Hoxe comeza un novo ano no que xa é tradición seguir desde a  espectacular sala dourada da Musikverein vienesa á Filarmónica de Viena dando a benvida ao 2018 Concerto de Ano Novo, que nesta ocasión maxistralmente dirixe o mestre italiano Ricardo Muti.

É a quinta vez que Muti dirixe este concerto e nesta esta ocasión escoitamos pezas de Johann Strauss -Pau e fillo-, Josef Strauss, Franz von Suppé e Alphons Czibulka.

Foi realmente fermoso o programa do intervalo musical entre as dúas partes do concerto titulado "Viena modernista" e no que varios conxuntos da  Filarmónica de Viena actúan en lugares históricos da cidade ofrecendo a música que os ambientaba a principios do século  XX.

Gozamos vendo as obras do gran arquitecto Otto Wagner e dos cadros de pintores e artistas modernistas.

E por suposto desfrutamos co Ballet Estatal de Viena con coreografías do italiano  Davide  Bombana. 

Particularmente bonito en Schloss  Eckartsau, un pazo do Parque Nacional do Danubio, onde cinco parellas do ballet bailaron o  vals ‘As rosas do Sur’ de Johann Strauss

E  todo iso magníficamente presentado pola televisión pública austríaca ORF.

En fin, unha excelente maneira de comezar 2018, probablemente a mellor.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.