jueves, 4 de enero de 2018

A Seguridade Social finalizou 2017 co mellor dato interanual de creación de emprego da serie histórica

A Seguridade Social finalizou 2017 co mellor dato interanual de creación de emprego da serie histórica, en termos homoxéneos. O mes de decembro pechou no conjunto de España cun aumento interanual de 611.146 ocupados (3,42%), a cifra máis alta desde 2005, ano que se viu afectado pola regularización extraordinaria dos traballadores estranxeiros.



A afiliación media á Seguridade Social termina o ano co segundo mellor dato de ocupados, 18.460.201, desde decembro de 2008 (a maior cifra rexistrouse en xullo 2017, 18.489.329).




O mes de decembro está influído pola campaña de Nadal e a paréntese natural en actividades como a industria ou a construción, e neste ano, especialmente, pola meteoroloxía. En termos mensuais, a afiliación aumentou en 42.444 persoas (0,23%), destacando as comunidades autónomas de Andalucía, Comunidad de Madrid, País Vasco e Canarias.




En termos desestacionalizados a ocupación avanza en 9.607 ocupados, é o cuarto mes consecutivo de aumento da afiliación sen o compoñente estacional.




O Sistema finaliza o ano incorporando 6,32 afiliados ocupados por cada novo pensionista. Ademais, os máis de 600.000 novos afiliados en 2017 supoñen que cada día do ano creáronse 1.674 empregos, trátase do mellor dato de creación de emprego da serie histórica, en termos homoxéneos.




VARIACIÓN MENSUAL




O número de afiliados ao Sistema aumenta en 42.444 persoas, o 0,23%.




O Réxime Xeral crece en 51.498 persoas (0,34%), ata alcanzar os 15.191.483 ocupados. A afiliación en decembro aumenta en Comercio, Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas, con 30.085 (1,26%) e Actividades Sanitarias e Servizos Sociais, con 18.975 (1,31%). Pola contra, descende en Construción, con -16.256 (-2,06%) e Hostalería, con -14.816 (-1,25%).




En canto ao Sistema Especial Agrario experimenta un aumento de 36.002 afiliados (4,70%), contando na actualidade con 801.899 afiliados medios. Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Fogar alcanza os 420.189 ocupados, descendendo en 811 (-0,19%).




O Réxime de Autónomos engloba a 3.204.678 persoas, tras diminuír en 6.202 afiliados en decembro (-0,19). O Réxime Especial do Mar descende en 2.851 persoas (-4,42%), co sitúase en 61.617. Finalmente, o Carbón mantense e rexistra 2.423 afiliados.




Por Comunidades Autónomas, a afiliación increméntase en doce CCAA máis Ceuta e Melilla. Destacan Andalucía, con 41.561 ocupados máis (1,40%); a Comunidad de Madrid, 13.651 afiliados (0,44%); País Vasco, 2.704 (0,29%) e Canarias, 2.553 (0,33%)




En sentido contrario Baleares experimenta o descenso máis acusado (-16.790).




RESPECTO DE 2016




En termos interanuais, decembro conta con 611.146 afiliados medios máis, o 3,42%. Como xa se sinalou, trátase do maior aumento anual nun mes de decembro, desde 2005.




En concreto, o Réxime Xeral suma 599.575 traballadores, o 4,11%.




O Réxime Especial de Traballadores Autónomos avanza en taxa anual o 0,33%, o que se traduce nun aumento de 10.468 persoas. O Réxime do Mar aumenta un 2,32% (1.396) e o Carbón descende en 293 persoas (-10,80%).




En relación ao ano pasado a ocupación crece en todos os territorios autonómicos (incluídas as cidades autónomas de Ceuta e Melilla).




Destacan a Comunidad de Madrid, con 119.364 (4,02%); Cataluña, con 110.747 afiliados máis (3,47%); Andalucía, con 100.201 (3,44%) e a Comunidade Valenciana, con 67.643 (3,83%)


Galicia:



O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 985.448 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 3.709 persoas afiliadas menos respecto ao mes anterior (- 0,38 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 21.713 ocupados (2,25 %).

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2016 con 750.852 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 213.073 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.523 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 102.018 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 247 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (- 0,24 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 1.385 ocupados, (1,38 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou 2017 con 76.956 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 25.061 afiliados medios

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta