“A Comisión
Filatélica do Estado, adscrita ao Ministerio de Fomento a través da
Subsecretaría do Departamento vén de
notificar que na súa reunión do día 6 de novembro de 2017 acordou incluír no
programa de emisións de selos de correo e demais signos de franqueo para o ano
2018, a emisión dun selo
conmemorativo do Centenario da Ponte Nova sobre o Río Miño en Ourense.
Atende así
o Ministerio a petición, formulada en xuño do presente ano polo deputado
nacional e presidente da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados, Celso
Delgado Arce, quen á súa vez canalizou a demanda do alcalde do Concello de
Ourense, Jesús Vazquez Abad, promotor da iniciativa.
O
rexedor ourensán sinala que “esta Ponte, que o 21 de xuño de 2018 cumprirá cen
anos, representou a chegada da modernidade a Ourense, posibilitando unha nova
comunicación viaria sobre o río Miño que ata entón só era posible por medio da
histórica Ponte Romana. O Concello de Ourense, está a elaborar un programa de
actos, en colaboración co Ministerio de Fomento, outras institucións como o
Colexio de Enxeñeiros de Galicia, así como con outras persoas interesadas para
a conmemoración do citado Centenario”.
A
petición solicitaba entón ao Ministerio de Fomento a súa participación na
conmemoración do Centenario da Ponte Nova, que é de titularidade estatal, e
intégrase na estrada nacional 120 desde o P. K. 569,225 ao 569,637. Unha colaboración
que se expresaría de varias formas sendo a máis visible a emisión por parte de
Correos dun selo conmemorativo dedicado ao centenario desta ponte. Na
solicitude refería que se trata dunha ponte dunha extraordinaria categoría da
enxeñería e estética.
“Formou parte do proxecto da chamada “Estrada de Primeira Orde”, desde o Campo de San Lázaro de Ourense ata a Estación de Canedo (ferrocarril de Ourense a Vigo)· O seu proxecto foi aprobado definitivamente por Real Orde do 22 de febreiro de 1909. Poxáronse as obras o 7 de abril de 1910. O orzamento de contrata era de 1.211.996 ptas.
Adxudicáronse
as obras o 14 de maio de 1910 a Don Luís Gomendio Saleses
pola cantidade de
1.157.000 ptas.( a baixa foi de 54.996,20 ptas) O prazo inicial de execución de
obras foi de 5 anos que empezaron a contarse a partir do 13 de xullo de 1910
debendo terminar por tanto en igual data de 1915.
O
29 de agosto de 1917 redactouse un
proxecto reformado por importe de 1.310.464,20 ptas. Foi aprobado por Real Orde
de 22 de outubro de 1917 o que supuso un
aumento de 98.468 ptas. sobre orzamento primitivo.
O 4 de
decembro de 1917 enviouse á superioridade un segundo reformado importante
1.353.663,97 ptas. que mereceu a aprobación o 21 de decembro de 1917 sendo o orzamento vixente polo que liquidáronse as obras".
O alcalde, Jesús
Vázquez, agradece a cooperación amosada polo deputado Celso Delgado Arce e polo
Ministerio de Fomento, dada a súa sensibilidade cunha efeméride clave para a
Modernidade da nosa cidade”.