Aprobado un complemento extraordinario para persoas con pensións non contributivas da Seguridade Social

  1. Salientar neste dia de noiteboa que o Consello da Xunta autorizou o pasado xoves o proxecto de decreto que establece o complemento extraordinario para persoas con pensións non contributivas da Seguridade Social (PNCS), do Fondo de Asistencia Social (FAS) e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimo (SGIM). 

    A contía individual deste complemento fíxase nos 206 euros, e é Galicia unha das comunidades que achega o importe máis elevado a cada pensionista. O Goberno galego destinará 8,2 millóns de euros a esta axuda de carácter social que ten por obxecto contribuír á mellora da renda das persoas cun nivel reducido de ingresos, e da que se beneficiarán en 2017 ao redor de 40.000 pensionistas.

    Esta prestación aboarase nun pagamento único mediante transferencia bancaria e non precisa de solicitude previa por parte da persoa beneficiaria, xa que este se realizará de oficio a todas as persoas que reúnan os requisitos establecidos no decreto. 

    Estes son: ter a residencia habitual en Galicia e estar en situación de alta en nómina o 1 de xaneiro de 2017 e permanecer nesta mesma situación de alta o día en que se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) este decreto.

    Un ano máis a administración autonómica mantén este complemento dirixido ás pensións non contributivas, dentro da aposta do Goberno galego de seguir apoiando as persoas e familias con menos recursos.

     Nesta liña, en 2018 as partidas económicas no ámbito da Inclusión Social alcanzan un total de 115,2 millóns de euros. Dentro deste eixe, cómpre salientar o incremento do crédito inicialmente consignado para a RISGA, que ascende a 62,4 millóns de euros. 
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.