Publica hoxe o BOE o anuncio de licitación da Dirección
General de Carreteras do Ministerio de Fomento, que ten por obxecto a rehabilitación
do firme na estrada N-525 pp. kk. 210+200 ao 217+000 no término municipal de
Allariz Tramo: Alto Sandiás-Allariz, na provincia de Ourense.
O orzamento base de
licitación ten un importe neto de 698.753,00 euros e un importe total:
845.491,13 euros.
E o prazo de
execución/entrega é de 2 meses.
Despois de realizar un estudo das necesidades existentes,
proxéctanse as obras de rehabilitación do firme, que prevén tanto a reparación
profunda das zonas danadas como a renovación da capa de rodaxe da calzada.
Desta forma alongarase a vida útil do pavimento, e mellorarase a comodidade e
seguridade dos usuarios.
As obras consisten na rehabilitación do firme en 6,8 km de
calzada. As actuacións proxectadas consisten fundamentalmente no fresado, na profundidade necesaria en cada caso, e posterior reposición do firme con mesturas bituminosas en quente. Unha vez executados os traballos de renovación do pavimento, procederase ao repintado das marcas viarias.
Sen dúbida unha boa noticia, pois a nosa
rede nacional de estradas precisa dun axeitado mantemento e dunha boa
conservación.
Sinalar que para o Ministerio de Fomento
é esencial a conservación e o mantemento da rede de estradas, que ten unha
lonxitude total aproximada de 26.000 quilómetros, o que supón o 16% das que hai
en España, e o obxectivo é mellorar os niveis de calidade, seguridade e servizo
con programas integrais de conservación, mantemento e seguridade viaria, nos
que se recolle, por unha banda, a planificación e a organización das actuacións
ordinarias; doutra banda, algunhas de carácter extraordinario, especialmente as
de repintado de marcas viarias ou a reposición de firme, de sinalización
vertical, etc.
Para a consecución do citado obxectivo, o
Ministerio de Fomento realiza importantes investimentos no mantemento,
explotación e mellora da seguridade viaria da Rede de Estradas do Estado.
Particularmente en Ourense no período 2012-2016 destinou 48 millóns de euros
para a Conservación e mellora da seguridade viaria das estradas de Ourense.
Así nesta provincia ademais dos
investimentos destinados a realizar de forma continuada labores de mantemento
da vialidade e conservación ordinaria dos elementos da estrada, que a Dirección
Xeral de Estradas leva a cabo a través dos contratos de conservación integral,
executáronse diversas actuacións para mellorar o firme da A-52 e en tramos das
estradas N-540, N-541, N-120, N-525 e N-536.
É unha tarefa permanente que desde logo
debe proseguir en moitos outros puntos quilométricos da rede de estradas do
Estado en Ourense.
Recibirá resposta
Recibirá resposta