Moderada subida do paro rexistrado en novembro: 0,68 % en Galicia, 0,47 % en Ourense e 0,21 % no conxunto de España

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2017.

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro rexistrado en novembro en relación co mes anterior en 96 persoas, un 0,47 %. (O pasado ano neste mesmo mes o paro medrara en 834 persoas, un 3,80 %)

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 2.355 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,35  %. 

O número de parados queda en 20.401, deles 8.870 son homes e 11.531 mulleres, 19.205 son maiores de 25 anos e 1.196 menores.

Por sectores, 1.092 son da agricultura, 2.580 da industria, 1.873 da construción, 12.814 nos servizos e 2.042 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en novembro en 1.272 persoas con respecto a outubro, un 0,68 %. (O pasado ano neste mesmo mes o paro medrara en 4.614 persoas, un 2,32 %). 

O número de parados queda situado en 187.175, deles 80.569 son homes e 106.606  mulleres, 177.310 son maiores de 25 anos e 9.865 menores.

Por sectores, 6.803 son da agricultura, 21.444 da industria, 17.141 da construción, 125.341 nos servizos e 16.446 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 16.379 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,05 %. Estos datos sitúan á Comunidade por debaixo de niveis de hai 8 anos e supón cinco anos consecutivos de caídas nun mes de novembro.

O desemprego na evolución anual descende tamén nas principais variables, como leva acontecendo nos últimos meses: cae nas catro provincias e nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade económica e nos colectivos prioritarios en todas as políticas de emprego da Xunta como son os menores de 30 anos (-5,06%), as mulleres (-5,27%) e os parados de longa duración (-9,33%).

Con respecto ás provincias, Ourense é na que máis descende (-10,35%), seguida de Lugo (-9,88%), Pontevedra (-8,28%) e A Coruña (-6,68%).

Nos sectores de actividade, a construción lidera a baixada cun -20,33% seguido da agricultura e a pesca cunha caída do -12,67% e da industria cun -11,26%.

Os datos ademais, reflicten unha mellora na calidade do emprego, xa que a contratación indefinida creceu no último ano nun 10,64%, superando en case 6 puntos o reflectido na temporal. 

Ademais, Galicia supera o ritmo de subida do Estado na contratación indefinida, nun 0,39% máis. Tamén medraron os contratos a tempo completo nun 5,82% e a mellor ritmo que os parciais.

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego subiu en novembro en 7.255 persoas en relación co mes anterior, un 0,21 %.

 O pasado ano, en novembro de 2016, o paro aumentou en 24.841 persoas. Nos últimos 8 anos neste mesmo mes o paro rexistrado tiña aumentado máis ou menos en máis de 25.000 persoas (24.919).

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.474.281, mantense así no seu nivel máis baixo dos últimos 8 anos. 

En termos desestacionalizados o paro baixou en 22.744 persoas.

Nos 12 últimos meses, o paro reduciuse en 315.542 persoas, o que sitúa o ritmo de redución interanual do paro rexistrado no 8,33 %. En concreto, caeu en 34.164 só entre os mozos menores de 25 anos.

Durante os 10 primeiros meses de 2017 o desemprego reduciuse en 228.693 persoas.

O paro rexistrado diminúe en oito comunidades autónomas, principalmente en Madrid (8.191), Andalucía (3.114) e a Comunidade Valenciana (2.486).

E aumenta en 9 as nove restantes, principalmente nas Illas Baleares (12.586) e Cataluña (7.391).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado redúcese no colectivo Sen Emprego anterior en (6.160) en Construción en (3.727), en Agricultura (2.929), en Industria (2.977), e aumentou (23.048) en Servizos.

O número de contratos rexistrados durante o mes de novembro foi de 1.818.339, o que representa unha subida de 74.631 (4,28%) sobre o mesmo mes de 2016.

En canto á contratación indefinida no mes de novembro rexistráronse 170.732 contratos desta modalidade, que representa a cifra máis alta nun mes de novembro en termos comparables. Cifra que é máis do dobre hoxe que a rexistrada en novembro de 2011 (83.919). 

Ademais, supón un aumento interanual do 10,3%, que contrasta co crecemento do 3,7% na contratación temporal. Encadéanse así 46 meses de crecemento ininterrompido da contratación indefinida.

Destaca a contratación estable entre os mozos menores de 25 anos entre os que creceu un 20,8% nos once primeiros meses de 2017, en relación co mesmo período do exercicio anterior. 

Os contratos indefinidos a tempo completo subiron un 14% e son a modalidade contractual que experimenta un maior incremento.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.