miércoles, 27 de diciembre de 2017

No faladoiro de Radio Voz


Interveño á primeira hora de hoxe no programa 
Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Evá Millán e compartindo micrófono con Pablo Mosquera.

Falamos en primeiro lugar do consumo excesivo de alcol nestas festas de nadal. Dixen que debe preocuparnos especialmente en relación cos mozos. Lembrei que en España, son moitos os mozos e adolescentes que beben alcol, iniciándose no seu consumo a idades temperás, sitúase nos 13,7 anos. 

Incorren en risco para a súa saúde física, mental e social e encamíñalles a unha posible dependencia ao alcol na idade adulta. E defendín a necesidade de actuar desde diferentes ámbitos; educativo, familiar, comunitario, laboral e normativo. Neste último aspecto, controlando a oferta, regulando a venda e a publicidade.

Falamos logo dunha recente sentenza da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra a que avala a un pai denunciado por revisar o WhatsApp da súa filla de 9 anos e que senta as bases sobre a necesidade de que os proxenitores vixíen os dispositivos usados polos seus fillos para asegurar a súa indemnidade.

Dixen que me parecía unha sentenza razoable que lembra algunha das obrigacións legais inherentes á patria potestade. Cita esa sentenza o artigo 154 do Código Civil que fala de "velar por eles, educarlles e procurarlles unha formación integral”- Algo que ademáis de legal e absolutamente razoable.

Finalmente falamos de que esta noite tivo lugar a espectacular proba de carga da Ponte de Rande, con 68 camións cargados con entre 36 e 38 toneladas cada un e que estiveron en cada tramo da ponte para verificar a resistencia da estrutura e os tirantes que suxeitan os novos viarios.

Valorei o éxito da proba e lembrei que as nosas empresas de enxeñería e construción de obras públicas son das mellores do mundo e que esta ponte magnífica é boa proba diso.
Pois en valor a importancia destas obras que dotan dun terceiro carril á autoestrada AP-9, ao longo do 5,9 km de trazado entre as ligazóns de Cangas e Teis, incluíndo a ampliación da Ponte de Rande.
Van posibilitar maior mobilidade e benestar aos cidadáns de Vigo e arredores, e maior competitividade ás empresas que operan na zona. Unhas actuacións que eran moi necesarias, tendo en conta que nese punto a intensidade media diaria de vehículos que circulan por ese tramo, sitúase en 50.000 vehículos/día de media, con puntas estivais nas que se superan os 60.000 vehículos/día.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta