Na presentación de "Raia Termal", exemplo de cooperación transfronteiriza

Participo esta mañá na Xornada de lanzamento do proxecto europeo transfronteirizo “Raia Termal”

Un proxecto Poctep liderado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a Deputación de Ourense e que conta como socios ás cámaras municipais portuguesas de Melgaço e Terras de Bouro e aos concellos de Cotetagda, Lobios, Bande e Muíños.

O ámbito no que se actuará correspóndese coas zonas termais transfronteirizas do río Miño, Concello de Cortegada (É) e Cámara Municipal de Melgaço (PT), e do río Limia, nos concellos de Lobios, Bande e Muiños, e a Cámara Municipal de Terras de Bouro (PT).


O proxecto está estruturado en 6 eixos de actuación, os catro primeiros específicos e os dous últimos comúns a todo este tipo de proxectos. O primeiro trata a vertebración dunha rede de termalismo transfronteirizo; o segundo, a recuperación ambiental e posta en valor de contornas naturais de espazos termais; o terceiro, ocúpase da valorización e recuperación de infraestruturas e elementos patrimoniais termais; o cuarto, contempla a xestión conxunta e a promoción de recursos e itinerarios termais de fronteira; sendo o quinto e o sexto os referidos a difusión, coordinación e xestión.

O marco temporal de execución prevista, é o 31 de decembro de 2019, e o orzamento do proxecto é de 2.659.767 millóns de euros, dos cales un 75% será cofinanciado polo FEDER.


Das palabras pronunciadas por Francisco Marín, presidente da CHMS destaco que sinala como obxectivos principais, conseguir a óptima calidade das augas e a mellora das contornas fluviais e a súa confianza no éxito garantido.

Doutra banda o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, sinalou que esta iniciativa entre Ourense e Portugal “é un exemplo de cooperación no ámbito termal, turístico e medioambiental”.  E que termalismo e o turismo “unen con obxectivos comúns aos catro concellos ourensáns implicados neste proxecto e ao Norte de Portugal”



Nesta interesante Xornada tamén interviron os presidentes das cámaras municipais de Terras de Bouro e Melgaço, Manoel Tibo e Manoel Batista Calzada, respectivamente. E os alcaldes de Lobios, Maria del Carmen Yáñez; Muíños, Plácido Álvarez; Cortegada, Luís Avelino de Francisco, e Bande, José Antonio Armada. Expuxeron algunhas das actuacións que con cargo a este programa europeo, levarán a cabo e o seu municipio.

O alcalde de Bande falou da proxectada nova área de autocaravanas, nas proximidades do campamento romano de Aquis Querquennis. O rexedor de Cortegada falou das piscinas termais exteriores e dos axardinamentos previstos; a alcaldesa de Lobios aludiu a unha ciclovía termal e ao azud desontable do Río Caldo e apostou polo turismo sustentable e de calidade e no modelo turístico inspirado na economía verde.
O presidente da Cámara de Melgaço explicou as actuacións que se pretenden levase cabo no parque termal do Peso para valorizar a envolvente natural das termas e dun novo azud.

O alcalde de Muiños falou de actuacións na contorna do encoro de Salas e das Cunchas e en concreto da adecuación ambiental do Corgo e dunha nova EDAR.

Finalmente o presidente da Cámara de Terras do Bouro, explicou as actuacións para desenvolver na Vila do Geres nas inmediacións do Río Caldo, como un xardin de herbas e plantas aromáticas A xornada foi clausurada pola Secretaria de Estado de Turismo de Portugal, Ana Méndes Godinho.

Realmente, un proxecto moi interesante. Parabéns.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.